Xogador da xornada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Plantilla

:::GARA:::

Daniel Garaboa Paz, 21 anos. Dani, ou Sabaku no Gaara, Doctor en Física pola academia de Coruscant é capaz de ver o programa Redes  e non quedarse dormido. Ademais é capaz de escoitar a Punset e saber o que di. Dentro do campo é o cerebro do equipo. A sua labor defensiva é incuestionable. Fora do terreo de xogo, adicase a fabricación de Sables laser con papel de aluminio e acido de bateria e a camiñar polo sendero da luz (un camiño que vai dende Carreira a Frions).

:::BOLI:::

A lenda do Boli está rodeada de misterio.  Para coñecer o seu pasado Costaweb FC recurriu a fontes confidencias que por motivos de seguridade non serán reveladas. Pouco se sabe do Boli. Sabemos que Boli, ou Boliches como se conoce en determinados circulos, non é o seu verdadero nome. A nome Javier Suarez Anido barallase como outra das suas identidades, desconocendo se é a verdadeira. Rumores extraoficiais vinculano con celulas de Al qaeda no 2001. Analizando a listaxe de pasaxeiros do tristemente coñecido voo 11 de American Airlines o nome Javier Anido aparece ligado o asento 1-A, o mais proximo a cabina do piloto. Sen embargo, o nome de Javier Anido non figura na listaxe de victimas do atentado. Sabemos que actuou posteriormente co que se baralla a hipotese que foi él en realidad o cerebro detrás dos atentados, que foi él mesmo quen secuestrou o avion cunha pistola de bolas (o que seria o comezo da lenda da pistola do diaño,  tamen coñecida como o revolver maleficus ou Big Fucking Gun), o dirixiu contra a primera torre, saltou en paracaídas xusto antes do accidente, colleu un helicoptero, subiu a bordo do segundo avión,  o 175 de United Airlines e estrelouno contra a segunda torre seguindo o mesmo método. Que pensaria o Boli despois dos atentados é un misterio. Supoñemos que estivo todo o 2001 e 2002 sen actuar, pero non se pode confirmar que estivese en algun dos frontes bélicos africanos alquilandose como o mercenario definitivo. O que si aparece como dato oficial en todolos servicios de seguridade nacionais do Estado Español é que foi el o causante do atentado frustrado contra Mariano Rajoy o 1 de Decembro do 2005. Sabedor do poder da pistola do diaño, arma que puxera en jaque o imperio estadounidense, o Boli practicou o seu poder en secreto durante todos os anos de suposta inactividade. Suposta porque sabese que para mellorar as suas cualidades, entrenou constantemente nos montes de carreira, derribando osos e lobos cas suas mans nuas, e avións e helicopteros ca coñecida pistola. O accidente aereo de Laxes, no que un Helicoptero espia que lle seguia a pista estuvo a punto de establecer contacto visual  é proba de elo. Os candidos non sabian que si ves o Boli ten por seguro que el che está vendo a ti, pero se non o ves, en dous segundo estás morto. Psicoanalistas da famosa escola de Viena encontranse na actualidade estudando a sua personalidade,  enfrentándose a barreiras psicológicas infranqueables. Por que actua o Boli? Pretende instaurar un novo orde mundial? Moveo soamente a maldade? Poder? Diñeiro? Sexo? Un servidor sabe a verdade. E non é outra que o Aburrimento. Para un humano normal pode que sexa suficiente diversión pasear cos amigos, tomar unhas cerveciñas e xogar o ordenador. Pero cando es o Boli, todo se mostra tedioso e aburrido. Un neno divirtiese con cousas de neno. Un Home con cousas de home. O Boli, divirtiese con cousas de Boli. Por eso xa no 2008, e despois de derrocar a Kim Yon II e evitar 3 invasíón alienígenas en secreto, decidiuse a vivir novas aventuras a bordo do Costaweb FC. O que non sabemos é cales son os motivos últimos que o levaron a estar no equipo, e quizais nunca o saberemos.

1 | 2 | 3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Páxina web realizada por: Costaweb S.C. - Diseño Web, Publicidade e Informática

mouseover