www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Ribeira: as deportistas María Vilas, Ana Peleteiro e Adrián Jiménez, recibidos no Concello tralos seus últimos éxitos internacionais
 
 Enviada o 20/07/2011 na categoría: Eventos
Arroupados por compañeiros de club, adestradores, directivos, amigos e familiares, os deportistas ribeirenses María Vilas, Ana Peleteiro e Adrián Jiménez foron obxecto dunha recepción oficial no salón plenario da Casa Consistorial a cargo do alcalde Manuel Ruiz Rivas, despois dos extraordinarios éxitos deportivos acadados por aqueles hai dúas fins de semana en distintos campionatos internacionais.

No transcurso da fin de semana do 8 ao 10 de xullo, a nadadora do Club Natación Riveira María Vilas proclamouse campiona de Europa na distancia de 1.500 metros en categoría junior; Ana Peleteiro, da Asociación Deportiva AD Barbanza de A Pobra, acadou un terceiro posto en triple salto no Campionato Mundial de Atletismo, tamén en categoría junior; mentres que o loitador Adrián Jiménez, do club Natural Sport, logrou o terceiro posto na categoría cadete do Campionato de Europa de Taekwondo.

Tanto o primeiro edil riveirense como o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga, tamén presente na recepción, cualificaron de “histórico” ese fin de semana ante os excepcionais resultados en campionatos mundiais e europeos.

Ruiz Rivas fixo fincapé na súa intervención en que os responsables destes éxitos son en primeiro lugar os propios deportistas coa súa capacidade e adestramento e, en segundo lugar, moita xente que está arredor: os adestradores e directivos, dos que destacou o seu altruismo, e sobre todo os seus familiares, “que sempre están aí nos momentos difíciles”.

O rexedor destacou a extraordinaria evolución que está a rexistrar o mundo do deporte no municipio nas últimas décadas e comprometeu a axuda do Concello aos clubs que representan a Riveira para que incluso nestes tempos de crise poidan seguir medrando no ámbito deportivo. Especialmente salientou a traxectoria desenvolvida polo Club Natación Riveira e o Natural Sport, namentres que no deporte do atletismo recoñeceu ter unha “espiña cravada”.

Olimpíadas

Así mesmo, manifestou que agora hai que ir polo seguinte reto, consistente en que algún deportista de Riveira poida participar nun campionato do mundo absoluto ou incluso unhas olimpíadas. “Isto podería parecer un sono fai moitos anos –afirmou- pero con deportistas coa calidade dos tres que hoxe homenaxeamos pode converterse nunha realidade, quizais non en Londres, pero si máis adiante”.

Manuel Ruiz entregou a cada un dos deportistas laureados unha placa en recoñecemento dos seus éxitos e un chándal co escudo do Concello bordado.

María Vilas, Ana Peleteiro e Adrián Jiménez quixeron salientar e agradecer a axuda recibida dos seus adestradores e familiares na súas respectivas carreiras deportivas.

Fuente: http://certo.posterous.com/ribeira-as-deportistas-maria-vilas-ana-pelete


Entradas relacionadas:
 

Asociación "O Cabo" Corrubedo

Web da Asociación "O Cabo" de Corrubedo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.