www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Os alcaldes de Vilagarcía e Ribeira sentan as bases dunha axenda estratéxica común
 
 Enviada o 14/07/2011 na categoría: Novas
Os alcaldes de Vilagarcía e Ribeira sentan as bases dunha axenda estratéxica común
Os alcaldes de Vilagarcía e de Ribeira, Tomás Fole e Manuel Ruiz, sentaron hoxe as bases para o establecemento dunha axenda estratéxica común que, a súa vez, marque un horizonte de desenvolvemento para toda a ría de Arousa. Os traballos foron iniciados hai un ano polo Eixo Atlántico, e hoxe foi o secretario xeral deste lobby transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, Xóan Vázquez Mao, o encargado de presentar o borrador da axenda aos dous rexedores.
13.07.2011. Baixo o lema “o patrimonio cultural mariñeiro en rede”, a axenda, explicou Vázquez Mao, “non é unha carta aos reis magos, senón unha proposta de medidas concretas, poucas pero realizables”, que redundarán no desenvolvemento económico e social de toda a ría de Arousa.

Na súa opinión, os resultados poderán comezar a ser visibles “en catro ou cinco anos”, aínda que para iso será necesario contar, primeiro, coa colaboración de distintos axentes, que van dende os propios concellos ata as administracións autonómica e estatal. No encontro de hoxe non fixo pública ningunha das medidas, pois agora deberán ser os gobernos locais os que as estuden e, chegado o caso, as validen.

Con todo, tanto o alcalde de Vilagarcía coma o de Ribeira agradeceron o traballo feito polo Eixo Atlántico, por canto supón poñer en valor as potencialidades que a ría no seu conxunto ten, e máis nos momentos de crise económica no que vivimos. “Vilagarcía e Ribeira estiveron sempre moi unidas e, curiosamente, foi o progreso e o desenvolvemento das infraestructuras o que en certo modo as alonxou. Con esta axenda podemos volver a poñer en común moitos proxectos que nos benefician a todos”, dixo Manuel Ruíz.

O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, incidiu na mesma idea e subliñou que coa axenda estratéxica “se potenciarán os servizos aos cidadáns, pero tamén o propio Eixo Atlántico”.

Fuente: http://www.ivilagarcia.com/novas/rtdo2.asp?idnoticia=6560


Entradas relacionadas:
 

Visita a fraga do Triskel

Páxina web da taberna o Triskel en Ribeira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.