www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A cuarta edición do Festival Antrospinos conta cun programa de primeira fila
 
 Enviada o 13/07/2011 na categoría: Eventos
O Festival Antrospinos de Taragoña chegará á súa carta edición entre os días 29 e 30.

Para esta nova oferta da tradicional cita rianxeira, a asociación conta coa presenza de numerosos grupos musicais, tanto galegos como de España e, ata, do estranxeiro. Así, na xornada inaugural actuarán, a partir das 22.00 horas, o grupo Che Sudaka de Arxentina xunto cos consagrados Ruxe Ruxe, Ulträqäns e Iván Dz, estas tres últimas, bandas orixinarias do territorio galego.

Comida popular

Para a seguinte xornada, a do 30, a axenda do día conta con máis actividades para todos os veciños da comarca. O día empezará para os rianxeiros ás 12.00 horas, cunha comida popular, tras a cal os participantes trasladar a todos os puntos de Taragoña en matraquillos, para facerse notar.

Xa cara á tarde, a música volverá ser a protagonista do festival. Nun primeiro momento, ás 18.00 horas, terá lugar unha foliada de música tradicional da man dos propios participantes do festival que queiran dar renda solta á súa creatividade. Despois, xa para porlle fin á celebración, os concertos das 22.00 horas serán os que volvan encher de ritmo a localidade.

Neste caso, os grupos que ofrecerán a súa música en directo serán o galego Deus ke che crew coas súas cancións de hip-hop, o catalán Muyayo Rif, Gilbert´s Feed Band, provenentes de Portugal e Canijos sin fronteras, chegados desde Andalucía.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/07/13/0003_201107B13C8997.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

O sitio da Festa da Dorna

Páxina web oficial da Cofradía da Dorna
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.