www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Ribeira prepárase para soar na Festa da Chuvia
 
 Enviada o 01/04/2011 na categoría: Eventos
A maquinaria organizativa dunha nova edición da Festa da Chuvia de Ribeira, a número sete, xa se puxo en marcha. Aínda co programa sen pechar e coa idea de ofrecer actividades máis alá da música propiamente dita, onte tivo lugar a presentación dun primeiro cartel, que se irá mellorando e ampliando de aquí ao 15 de abril, xornada na que arrancará o ciclo de concertos. O festival pretende ser nesta ocasión unha exaltación do arte local, con bandas do municipio e exposicións de artistas, tamén da terra.

Suso Bello pola Compañía do Ruído, Abdón Santos por Inllorfeis, Ramón Vieites por Ribeira Enferma e Fran Riaso en representación dos locais hostaleiros foron onte os encargados de facer un avance do que será a Chuvia 11. Entre o 15 e o 16 de abril farán resoar a cidade grupos de hip hop, pinchadiscos, as charangas Os Jalochos e Os Cabezudos do Carme dos Pincheiros; bandas punk como Generación Perdida, Thefecaos e Band Deivi; e os roqueiros de Siberets ou A Compañía do Ruído.

Cóctel de arte

O centro de operacións será, neste caso, a rúa de Galicia. Varios locais hostaleiros desta zona sumaranse á Festa da Chuvia organizando unha ruta de tapas e xogos diversos, e converténdose en salas de exposicións temporais, nas que se exhibirán obras de artistas ribeirenses. A idea, tal e como explicou Suso Bello, impulsor desta cita musical, non é outra que «Ribeira poida expresarse con manifestacións artísticas de todo tipo».

Aínda que o líder da Compañía do Ruído segue á fronte do festival, ao igual que en edicións anteriores, conta coa colaboración de outras formacións: «Do que se trata é de que cada un dos grupos punteiros nos diferentes eidos se encargue dos concertos nos diferentes estilos, que foron seleccionados tendo en conta o que soa actualmente en Ribeira».

Inllorfeis e A Compañía do Ruído preséntase coma os pratos fortes desta sétima edición da Chuvia, pois estas dúas formacións aproveitarán a ocasión para presentar novos traballos discográficos.

A de Santa Uxía será a primeira cita do mes para os ribeirenses afeccionados á música, pois poucos días despois, coincidindo coas festas de Semana Santa, terá lugar en Corrubedo o Currala Rock.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/04/01/0003_201104B1C2995.htm


Entradas relacionadas:
 

Páxina web oficial de Carreira

Páxina web oficial da Parroquia de Carreira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.