www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Máis galego nas aulas favoreceu mellores notas en español
 
 Enviada o 14/02/2011 na categoría: Novas
A maior presenza do galego nas clases 2006 e 2009 axudou a mellorar a comprensión lectora en español e non prexudicou os resultados en ciencias, segundo a análise dos equipos de normalización do Informe Pisa.

O uso vehicular da lingua galega en máis materias, unha das polémicas medidas introducidos durante o bipartito, non prexudicou a competencia lectora nin científica do alumnado galego. De feito, na maioría dos ítems o país está por riba da media das comunidades que teñen unha única lingua. Esta é unha das conclusións do Informe Pisa 2009 que fai a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

A educación en Galicia en termos xerais está á par da OCDE, e mesmo por riba en competencia científica. Respecto á media España, Galicia está por riba da media española nas tres competencias estudadas.

A Coordinara fíxase en particular a evolución dos resultados durante o bipartito. Entre 2006 e 2009 os resultados non mudaron moito. Con todo na comprensión lectora rexístrase un incremento de 7 puntos; en matemáticas houbo un descenso de 5 puntos; e en ciencias houbo un ascenso de 1 punto.

O galego en Ciencias non trouxo peores resultados

En opinión da Coordinadora, "isto significa que a introdución da lingua galega como lingua vehicular no ensino en diferentes materias impulsada polo Decreto 124/2007 non empeceu a adquisición de competencia lectora nin científica do alumnado". Os resultados dos estudantes galegos son superiores á media española nas tres áreas de coñecemento: no referente ás áreas de lectura e matemática, cun lixeiro ascenso, e en ciencias, de xeito máis acusado.

Materias que fornecen a adquisición de competencia científica son Coñecemento do Medio de Educación Primaria ou Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, materias que levan impartíndose en galego desde hai xa moitos anos.

As autonomías bilingües saben mellor castelán

O bilingüismo favorece tamén o dominio e a comprensión lectora en castelán porque, de feito, practicamente todas as comunidades autónomas cun ensino bilingüe teñen unha media na comprensión lectora en español superior á media estata. A coordinadora sinala que "o aumento da presenza do galego como lingua vehicular do ensino axudou a mellorar a comprensión lectora en español e non repercutiu negativamente sobre os resultados en matemáticas, materia que daquela era impartida en galego".

A conclusión do informe dos equipos de normalización (ver PDF) é que "estes resultados do InformePisa, o estudo de referencia mundial para medir a calidade dos sistemas educativos,demostran que o fomento do galego non vai en detrimento da competencia en español nin do desenvolvemento científico do alumnado".

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7188.html


Entradas relacionadas:
 Lingua galega: "Bocaberta" estará en Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Boiro e Muros durante esta fin de semana
 Política: o ribeirense Manuel Ruiz Rivas, voceiro do PP, resposta sobre lingua galega
 Opinión Conclusións da Asemblea Xeral de socios/as da Asociación de Escritores en Lingua Galega
 Lingua galega: profesores do colexio de Aguiño participaron nunha xornada de formación como gañadores dun dos mellores proxectos de dinamización lingüística de 2010
 En mi casa se habla...(ou a lingua galega como coartada e ben publico privatizado)
 CULTURA Francisco Pillado: “A Feijóo Galicia interésalle como lugar de devastación, só pretende facer méritos”
 A importancia de chamarse galego
 No Baixo Miño en galego
 Outra plataforma contra a "criminalización" e "represión" do galego
 

Museo de Artes

Páxina web do museo de Artes
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.