www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



RIBEIRA: A 1ª LAN PARTY, SERA DO 8 AO 10 DE OUTUBRO NO PAVILLON DE COROSO
 
 Enviada o 20/09/2010 na categoría: Eventos
“Uxía.net 1.0” ten apoio do Concello e abre a inscrición o mércores 22 de setembro en http://uxianet.com

O Concello de Ribeira, a través do seus Departamentos de Xuventude e Turismo e de Cultura e Festexos, vai organizar durante os próximos días 8, 9 e 10 de outubro (de venres a domingo, coincidindo coa ponte do Pilar) a primeira lan party do municipio barbanzano: “Uxíanet 1.0.”, que abrirá as súas portas ás 10 da mañá do venres día 8 e se prolongara ininterrompidamente ata as 10 da noite do domingo 10.

Vicente García e Luciano Fernández, concelleiros de Xuventude e Turismo e de Cultura e Festexos, foron os encargados de presentar este evento, concibido para reunir a un amplo número de persoas interesadas en xogar en rede coas súas computadoras e intercambiar e compartir información. Tamén participou Gustavo Llovo, da empresa PHR Software Factory SL, que se encarga da dirección técnica do acontecemento.

Segundo informou Vicente García, a organización considera seguras a 70 persoas no evento, se ben vai estar preparada para albergar a 100 no recinto de Coroso, ampliable a 150 se fose necesario: algo sumamente improbable por tratarse dunha primeira edición, segundo manifestou Gustavo Llovo. Vicente García tamén mostrou o desexo da Corporación Local de que esta iniciativa sexa un éxito que permita darlle continuidade no futuro: unha pretensión á que se sumou Luciano Fernández, quen aproveitou para convidar a todos os afeccionados da comarca a que participen no evento.

Dúas zonas diferenciadas e programa sen pechar

A lan party constará de dúas zonas diferenciadas. Por unha parte, a da propia festa en si, cuxa inscrición poderá facerse a partir do próximo mércores 22 de setembro a través da páxina web específica http://www.uxianet.com, na que se indicará un número de conta para facer o pagamento. O prezo: 20 euros se se abonan de xeito anticipado, mentres que se un se quere anotar na propia party deberá abonar 25 euros na entrada ou 20 se se quere participar unicamente sábado e domingo. Inscribirse da dereito a acudir ao evento (co seu propio ordenador) e dispor dunha rede interna dun xigaherzio, conexión eléctrica e conexión a internet (cuxas especificacións técnicas aínda non están confirmadas). Os inscritos poderán participar tamén en concursos de modding (o equivalente ao tuning automobilístico), deseño, fotografía ou xogos online, entre outros.

Por outra parte, haberá unha zona de acceso libre con charlas sobre tecnoloxía e informática, obradoiros de mellora de ordenadores e unha pequena exposición sobre a historia da microinformática. O programa da lan party aínda non está pechado.

Fuente: CONCELLO DE RIVEIRA, via Newsletter


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Parque Natural de Corrubedo

Web do Parque Natural de Corrubedo. Subvencionada Consellería de Medio Ambiente. XUNTA DE GALICIA
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.