www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O número de desempregados baixou por sétimo mes consecutivo en Barbanza
 
 Enviada o 03/09/2010 na categoría: Novas
A comarca desmárcase da tendencia rexistrada no conxunto de Galiaa, onde o paro aumentou en agosto

A cifra de parados volveu descender na comarca en agosto. Por sétimo mes consecutivo, o número de desempregados reduciuse en Barbanza. Trátase duns datos que se desmarcan da tendenza rexistrada no resto de Galiza, onde, tras varios meses de descenso, o paro volveu subir case un 1%. Hai 211.532 parados en toda a comunidade, 1.743 máis que en xullo, e 16.291 máis que en agosto do 2009. Así se desprende do informe de estatística feito público pola Consellería de Traballo e Benestar.

En total, na comarca son 8.434 as persoas que buscaban ocupación en agosto. é dicir, que hai 59 veciños menos que en xullo engrosando as listas do paro. As cifras son moi esperanzadoras se se comparan cos meses anteriores, pois a área barbancesa acabou o ano pasado roldando os 10.000 desempregados.

Desglosando os datos por municipios, con respecto ao mes de xullo, o lugar no que máis subiu o paro foi en Boiro, con 102 cidadáns máis. Pero tamén aumentou en Muros (12) e Mazaricos (7). Mentres que o número de demandantes de traballo descendeu no resto de concellos. O lugar no que máis baixaron as cifras de desemprego é A Pobra, con 38 persoas menos en paro, seguido de Noia (-26), Carnota (-19), Porto do Son (-19), Lousame (-18), Ribeira (-16), Outes (-13) e Rianxo (-4).

Con respecto ao mesmo período do ano 2009, o número de parados aumentou, do mesmo xeito que no resto de Galiza. Só en Muros a cifra de demandantes de traballo é inferior. De todos os xeitos, a pesar deste dato interanual negativo, é moi positivo o que sucedeu en agosto, pois o número de desempregados xa se afasta dos 10.000 que había en decembro.

Servizos

No que se refire aos distintos sectores, o máis castigado é o de servizos, con 3.702 persoas buscando emprego. Con todo, tamén é neste gremio onde se segue creando un gran número de postos na comarca, concretamente, 75 no mes de agosto. Onde menos parados hai é na agricultura e a pesca, con 503. Esta cifra é inferior a xullo, cando había 523 desempregados. No sector da construción tamén baixou o paro no mes de agosto, pasando de 1.805 persoas en xullo a 1.773 no último período. A única especialidade na que aumentou o pasado mes foi na industria, onde se pasou de 1.233 a 1.374. O número que buscan a súa primeira ocupacón foi de 1.082 en agosto, unha cifra que tamén baixou con respecto a xullo, cando eran 1.128.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/09/03/0003_8703597.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

ASOCIACION DE VECIÑOS DE CARREIRA

Non forma parte da nosa política de publicidade. Pero como estas persoas traballan desinteresademente para o pobo promovendo actividades a alternativas tanto para mayores como para os nosos nenos vemonos interesados a dar o enlace o seu blogspot.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.