www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O incendio de Boiro, aínda non controlado, xa queimou 450 hectáreas
 
 Enviada o 16/08/2010 na categoría: Novas
O alcalde da localidade barbancesa denuncia que se acenden lumes «para pór en perigo a vida das persoas

O incendio de Boiro calcinou xa 450 hectáreas e a Consellería de Medio Rural segue sen dalo por controlado, a pesar de que xa case non hai chamas, segundo apunta o departamento autonómico nun comunicado.

A estimación de hectáreas afectadas onte a última hora era de 140.

Incendio provocado

O alcalde da localidade, Xosé Deira, asegurou hoxe que o incendio foi provocado e denunciou que as persoas que lle prenderon lume ao monte fixérono «para pór en perigo a vida das persoas que loitaban contra o incendio».

Este lume comezou na noite do sábado e aínda queda un foco activo nun lugar de difícil acceso.

Na súa extinción traballaron nove axentes forestais, dezanove brigadas, nove motobombas, tres pas, catro helicópteros e cinco avións.

Ademais deste incendio tamén permanece activo e sen controlar outro incendio de máis de vinte hectáreas, que son dos que informa a Consellería de Medio Rural, na parroquia de Berdoias, en Vimianzo (A Coruña).

Neste incendio, que queimou unhas 30 hectáreas, segundo Medio Rural, traballan na súa extinción dous axentes forestais, catro brigadas, dúas motobombas e dous helicópteros.

Incendios en Muxía e Camariñas

Tamén seguen activos, pero controlados, un incendio en Muxía, que arrasou unhas trinta hectáreas desde a tarde de onte, e outro en Camariñas, que tamén afectou a unhas trinta hectáreas, de momento.

Nas últimas horas Medio Rural deu por extinguidos catro incendios.

Trátase dos lumes que afectaron a Baiona, onde se queimaron 45 hectáreas, a Vimianzo, onde arderon 25 hectáreas e a Santa Comba , onde Medio Rural deu por extinguidos dous incendios que calcinaron 180 hectáreas entre ambos.

O máis importante afectou á parroquia de Montouto, nun lume que comezou o sábado pola tarde e no que traballaron na súa extinción cinco axentes, catorce brigadas, un grupo municipal de intervención rápida, nove motobombas e catro helicópteros.

Xurés

Ademais, a Xunta asegura que o lume que afecta ao parque natural Peneda-Gerês en Portugal, que ten continuidade no parque do Xurés, en Ourense, «non entrou» en Galicia.

Segundo Medio Rural, medios aéreos da Xunta e do Estado regan a zona fronteiriza e a dirección do vento axuda, así mesmo, a situar as chamas cara ao sur.

A secretaria de Organización do PSdeG de Ourense, María Quintas, denunciou hoxe a falta de medios de extinción da Xunta nas proximidades do parque natural do Xurés, que no seu lado portugués sofre un incendio desde hai varios días que pode penetrar en Galicia.

Ademais, Medio Rural asegura que hai outros incendios «menores», dos que non informa, xa que a súa política é achegar datos dos incendios que superen as vinte hectáreas.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/08/16/00031281944895486673947.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina oficial de Riveira

Páxina oficial do Concello de Riveira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.