www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Ribeira: o Psoe pronúnciase sobre a dimisión da secretaria do Concello
 
 Enviada o 13/11/2011 na categoría: Novas
Os socialistas están preocupados ante a falta dos dous funcionarios habilitados de carácter nacional

Propóñenlle a Ruiz Rivas que lles explique aos nenos o vindeiro 6 de decembro -Día da Constitución- para que valen as figuras de intervención e secretaría

O Concello emite un comunicado para tranquilizar aos concelleiros que preguntaron por este asunto dos funcionarios habilitados

O noso colaborador José Manuel Pena adica unha das súas columnas a este asunto


"A función de fe pública comprende a preparación dos asuntos que teñan que ser incluídos na orde do día das sesións que se celebren no Pleno, a comisión de goberno decisoria e calquera outro órgano colexiado da Corporación en que se adopten acordos que vinculen á mesma. A responsabilidade administrativa das funcións referidas está reservada a funcionarios en posesión da habilitación de carácter nacional. Neste momento no concello de Ribeira estas funcións están sendo desempeñadas por funcionarios municipais sen habilitación de carácter nacional", explican dende o grupo socialista municipal de Ribeira.

"Nun intre en que a sociedade clama pola transparencia e a rexeneración da democracia e, polo tanto, cando debemos estremar e demostrar aa plena garantía da xestión pública aos cidadáns, financiadores dos servizos públicos e receptores das prestacións, no Concello de Ribeira sumamos á carencia de interventor titular, agora a falta de funcionario habilitado nacional para as funcións da secretaría municipal. É a función de fe pública a que transmite legalidade e protexe a funcionarios e políticos na xestión administrativa e orzamentaria dun concello. A dimisión da actual secretaria é unha mala e preocupante noticia para a confianza da corporación. Ao grupo socialista preocúpalle a casual secuencia dos informes da secretaria e a súa dimisión de súpeto. Hoxe, máis ca nunca, reivindicamos a importante conxunción dos intereses dos veciños representados en programas politicos e o asesoramiento legal dos órganos administrativos do concello para o cumprimento dos obxectivos da cidade", continúan dende o Psoe ribeirense.

Os socialistas reclaman ao alcalde a urxencia dun proceso administrativo para a cubrición das prazas da intervención e de secretaria do Concello. "O vindeiro 6 de decembro, día da Constitución española, cando o alcalde se reúna no Salón de plenos cos máis mozos da cidade, é unha boa ocasión para explicarlles que é no concello onde se solventan as necesidades da cidade e se planifica o seu futuro, dentro das máis estrictas normas democráticas e onde a transparencia da xestión pública é o principio básico desta corporación, garantida polo bo traballo, profesionalidade e independencia da intervención e da secretaria do Concello", rematan.

COMUNICADO DO CONCELLO

Ante a preocupación manifestada por membros da Corporación Municipal de RiBeira con relación á falta de funcionarios con habilitación de nivel nacional, o Goberno Local desexa aclarar:

Que a Administración Municipal de RiBeira dispón na actualidade de persoal con titulación e capacitación suficiente para desenvolver as mesmas funcións que viñan desempeñando estes funcionarios.



Que as propias persoas que estaban a desenvolver ata tempos recentes as funcións de secretaria xeral e de interventor no Concello eran en ambos casos de segunda categoría, cando por extensión e número de habitantes a RiBeira lle corresponden funcionarios de primeiro grao, sen que esta diverxencia supuxera menoscabo algún no funcionamento da Administración.



Que o nomeamento do funcionario José Martínez-De Llano Orosa como secretario accidental fíxose coa anuencia da secretaria xeral renunciante. A maior afondamento, cabe dicir que Martínez-De Llano Orosa, licenciado en Dereito, xa ten desempeñado con anterioridade esa mesma función en distintas ocasións.



Por último, e con independencia de todo o explicado, este Concello xa puxo en coñecemento da Xunta de Galicia, tanto verbalmente como por escrito, da necesidade de que se axilicen os trámites necesarios para contar con funcionarios habilitados de nivel nacional.

José Manuel Pena: "Por libre"

Eficacia y legalidad municipal

El poder de decisión municipal tiene unos límites legales más amplios o más estrictos según la materia de que se trate y además han de adoptarse por los órganos locales competentes y siguiendo un procedimiento en la forma establecida por la ley. Así, en la mayoría de los casos por no decir en todos, se requiere el informe previo del secretario antes de que el alcalde o la corporación decidan sobre algunos trámites.


Los secretarios municipales se convierten así en los brazos administrativos de la clase política local y tienen que seguir un código ético democrático siendo la garantía del control de la legalidad de todos los actos y acuerdos que se adopten por los distintos órganos municipales. Por eso no es extraño que las relaciones entre los secretarios y las corporaciones locales no siempre sean fáciles y generen fuertes tensiones.


La noticia de que algunos secretarios municipales presentan la dimisión por enfrentamientos con los equipos de gobierno es más habitual de lo que creemos, toda vez que la función del control de la legalidad y fiscalización de los secretarios choca frontal y directamente con algunos alcaldes que ven con recelo a quien cuestiona la legalidad de sus actos provocando así fuertes tensiones.


Muchos alcaldes prefieren acelerar los trámites, para evitar la excesiva lentitud burocrática, aumentando la eficacia en la tramitación de los procedimientos para ejecutar las obras que repercuten en la mejora de la calidad de vida de los vecinos, a pesar de ser conscientes de que la infracción de las leyes puede dar lugar a que los tribunales de justicia anulen las decisiones municipales.

Fuente: http://certo.posterous.com/ribeira-o-psoe-pronunciase-sobre-a-dimision-d


Entradas relacionadas:
 

O sitio da Festa da Dorna

Páxina web oficial da Cofradía da Dorna
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.