www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Os debates gáñanse ou pérdense nos titulares do día seguinte
 
 Enviada o 09/11/2011 na categoría: Novas
Gañou Rajoy, din tódolos xornais, agás un. Certo que as valoracións fanas recorrendo á consabida enquisa na páxina web, polo que a fiabilidade estatística de tales experimentos é cero. Pero a sensación que queda no común da cidadanía e que arrasou Rajoy. Impresionante o despliegue, neste sentido, de La Voz de Galicia. Á altura de La Razón, El Mundo ou ABC.

Enfrontábase o candidato do PSOE a unha misión imposible. Nunha situación tan catastrófica, en tantos sentidos, como a que vivimos, como membro que foi do goberno nos últimos oito anos, pódeselle facer responsable de todos os males. Calquera proposta, calquera idea que puidera poñer riba da mesa, podía ser descualificada polo seu contrincante recorrendo ao consabido "¿por qué no lo hizo vd. en los últimos ocho años?".
Pola contra, ao candidato do PP abondáballe con reiterar ata o infinito tódolos desastres que estamos vivindo, empezando pola cifra de parados. Non necesitaba concretar nada, máis alá de grandes promesas en abstracto, valeiras de contido. Precisaba tamén non meter a pata con algún erro de bulto.

Rajoy, limitouse a seguir estritamente esa estratexia conservadora, sen perder o control e sen cometer erros, salvo o desliz xeográfico de situar a Cazalla na provincia de Cádiz. Ao formular así o debate non se pretende gañar votos, senón simplemente non perdelos. Máis que suficiente para o PP nestes momentos.
Obrigado a xogar ao ataque, Rubalcaba conseguiu poñer en evidencia algunhas das propostas máis duras que contén o programa do PP. E, se ben, non foi quen de dar a sensación de ter un verdadeiro programa de goberno, concretou moito máis algunhas ideas. Ademais de mostrar máis capacidade argumental.

Así pois, calquera teleespectador minimamente obxectivo, percibiu que o único que puido gañar algúns votos a raíz do debate foi Pérez Rubalcaba. Moi lonxe, en calquera caso, do que necesita o PSOE. Pero si para consideralo gañador do debate e perdedor das eleccións.
COlaboración A FURADA DO TRASNO BLOG

Fuente: http://afuradadotrasno.blogspot.com/2011/11/os-debates-gananse-ou-perdense-nos.html?spref=fb


Entradas relacionadas:
 

Páxina da Pobra do Caramiñal

Páxina web oficial da Pobra do Caramiñal
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.