www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Un gol de Iniesta no último suspiro da prórroga dá ao fútbol español o título máis grande da súa historia.
 
 Enviada o 12/07/2010 na categoría: Novas
A retrasmision do gol en Radio Voz (por escoller unha) foi así;

ATAQUE DE ESPAÑA POLO CENTRO, CESC MANDA PARA ANDRÉS, DESPEXA MATHIJSEN PERO O BALÓN VOLVE AO DO ARSENAL. DALLA A ESE XENIO QUE É INIESTA E MANDA-A ÁS REDES!!!!!! GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DE ESPAÑÑÑÑÑÑÑA!! MINUTO CENTO QUINCE DE PARTIDO E ESPAÑA GAÑA UN A CERO A HOLANDA

Logo dun partido correoso, onde Holanda non xogou ao futbol, adicouse a meter faltas a destro e sinistro, de feito rematou o partido con dez por expulsion de HEITINGA no minuto 108, TORRES que entrou na prorroga non pudo rematar o partido pois lesionouse nunha carreira no minuto 117 equilibrando a ventaxa española pola expulsion.

Rematado o partido e todos abrazados pola alegría foi emocionante ver ao capitán CASILLAS chorando de emoción, tiraronse moitas pedras contra o equipo logo de perder con suiza e as mais delas foron todas contra CASILLAS, que non o merece como xogador e como persoa.

Logo da expectacular ceremonia de clausura que contou coa presenza de Mandela, chegou o momento do futbol, nas bancadas, a familia real española coa reina Sofia, o Principe Felipe e Letizia houbo celebridades ademais estuvo Rafa Nadal, Placido Domingo entre outros moitos que se achegaron ao Soccer City para veren á selección.

Selección que saeu con: Casillas, Piqué, Sergio Ramos, Puyol., Capdevila, Busquets, Xavi, Xavi Alonso, Iniesta, Cesc, e Villa

O mundo enteiro está a os pes de España. A Vermella culminóu un Mundial de ensueño conquistando o título tras superar a Holanda na final. Os rapazes de Vicente Del Bosque puseron o broche á mellor xeración de futbolistas da nosa historia proclamándose campeons do mundo.
O seu nome xa está inscrito con letras douro na historia deste deporte. Por fin España elevóuse hasta o ceo, ese sitio reservado para privilexiados, para proclamar a sua hexemonía futbolística a os catro ventos.
Fiel ao seu estilo e coa sua incuestionabel filosofía e bo gusto, A Vermella superóu todolos obstáculos que surdiron no seu camiño deica a gloria. O soño de todolos españois fixose realidade e o 11 de xullo de 2010 quedará grabado nas nosas memorias como un dos días más felices das nosas vidas.
Ninguén olvidará ese control de Cesc, a apertura á banda e el disparo cruzado de Iniesta para darnos o noso primeiro Mundial. O centrocampista manchego é xa historia viva deste país.
Sóio faltaba o deporte rei para completar unha xeración irrepetibel. ós éxitos dos ÑBA, Rafa Nadal, Pau Gasol, Alberto Contador, A Armada na Davis, o equipo de balonman, a selección de waterpolo, Fernando Alonso, Jorge Lorenzo, Marta Domínguez, Gemma Mengual e outra infinidade de figuras nacionais uniuse por fin A Vermella.
Poden piliscarse, abofetearse ou pegarse unha boa ducha de auga fría. Nada cambiará a realidade. ¡Somos campeons do mundo!

Fuente: http://www.costaweb.es


Entradas relacionadas:
 

Petroglifos Barbanza.

Petroglifos cruciformes da Barbanza e outros temas. Estupendo traballo de Domingo Regueira Gonzalez.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.