www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O Centro de Recuperación da Fauna fíxose cargo da nutria do Touro
 
 Enviada o 26/07/2011 na categoría: Novas
Os intentos do Grumir de Ribeira por conseguir que a nutria atopada nunhas rocas da praia do Touro, o pasado mércores, puidese regresar coa súa nai resultaron infrutuosos. O animal foi recollido polo Centro de Recuperación da Fauna, situado no municipio coruñés de Oleiros.

O mércores, logo de permanecer varias horas na sede de Protección Civil, o animal foi trasladado por membros do parque natural de Corrubedo ao lugar no que fora atopado co fin de que regresase coa súa nai, xa que se trata dunha cría duns dous ou tres meses.

Alí permaneceu ata o venres pola mañá, cando as persoas encargadas de controlar ao animal comprobaron que se atopaba no mesmo lugar e que non inxerira ningún alimento.

O Grumir volveu levalo á súa base, onde lle deu para comer, e avisouse ao Centro de Recuperación da Fauna, que o trasladou ás súas instalacións.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/07/26/0003_201107B26C5993.htm


Entradas relacionadas:
 

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.