www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Unha batalla campal na zona da movida onde voaron vasos e botellas de cristal acaba en forte carga policial
 
 Enviada o 25/07/2011 na categoría: Novas
CHECHU LÓPEZ > RIVEIRA A segunda noite consecutiva coa presenza de dúas unidades dos antidisturbios no casco urbano de Riveira para controlar e velar pola seguridade do xentío que mobiliza a Festa da Dorna saldouse cun único pero grave incidente. Despois dos temores que se suscitaran sobre a posibilidad de que houbera problemas coincidindo coas celebracións do guateque dorneiro e dun macrobotellón no entorno do merendeiro de Coroso, todo o que puido pasar quedou á altura da anécdota se se compara co ocorrido ao redor das catro da pasada madrugada e durante unha media hora na Rúa Manzanares, no treito ubicado entre as prazas de Teruel e de Pontevedra, onde son habituais as pelexas. Houbo unha liorta que comezou entre catro persoas, ao parecer por uns empurróns, pero acabou multiplicándose por dez ata sumar uns 40 implicados, con idades aproximadas entre os 18 e 35 anos -algún deles é pai de familia-, e na que ata voaron botellas e vasos de cristal e de plástico e a xente implicada tamén saiu despedida polo aire e a ras de chan, convertíndose nunha auténtica batalla campal.
Un particular avisou aos efectivos das Policías Local e Nacional sobre esta multitudinaria pelexa. Alí chegaron seis axentes municipais en tres vehículos, así como un funcionario da comisaría de Santa Uxía e os membros da Unidade Policial de Intervención (UIP). Ao atoparse coa liorta nun dos seus momentos máis álxidos, os gardas ata alí desprazados, sobre todo os antidisturbios, decidiron intervir sen moitos miramentos, sobre todo cos que se lles encararon. De feito, un policía nacional resultou ferido como consecuencia do forcexeo que mantivo cun dos implicados na loita multitudinaria. Ademais, un dos mozos que participaron na disputa presentaba un corte nun lado da cara, que ao parecer se produciu ao recibir o impacto dun dos citados obxectos de cristal. Despois da forte carga policial, parecía que a situación comezaba a calmarse, polo que os axentes decidiron abandonar o lugar. Pero cando se dirixían cara os coches e furgóns policiais, empezaron a chover sobre os seus vehículos unha morea de vasos e botellas de cristal e de plástico. Foi entón cando se viron na obriga de volver a actuar nese mesmo lugar.

Como consecuencia deste novo grave incidente, os antidisturbios regresaron cara a Rúa Manzanares debido a esta nova acometida dos participantes na liorta. Pero, nesta ocasión, os integrantes da UIP xa o fixeron con escudos protectores e as escopetas que disparan bolas de goma, como se acostuma a velos nas cargas policiais que se producen para reducir aos violentos nas manifestacións ou protestas nas grandes capitais. Nada máis iniciar o seu camiño cara os violentos, estes últimos deron marcha atrás nas súas accións e empezaron a escapar do lugar por varias rúas contiguas. Nalgún caso, produciuse una pequena persecución por parte dos policías, aínda que non detiveron a ninguén, pese a que non se descarta que se faga nas vindeiras xornadas.

Aínda así, debido á gravidade do acontecido non sería de estrañar que tanto a Policía Local como Nacional inicien unha investigación sobre tales feitos para intentar depurar responsabilidades. Este periódico puido saber que, ademais dos que participaron na multitudinaria liorta e dos que arroxaron obxectos de vidro aos coches e furgóns policiais, tamén houbo algunha persona con antecedentes, que incluso puido cumprir unha condena, que incitaba aos demais a plantarlle cara aos axentes, tirarlles botellas e vasos, a insultalos y ameazalos, segundo algúns testigos do sucedido na pasada madrugada.

Polo de agora non hay detidos en relación con esta batalla campal, pero non quere dicir que o ocorrido vai quedar esquecido por parte das forzas do orde. Ao parecer, en próximas datas van iniciar xestións para identificar aos participantes na liorta e a todos aqueles que arroxaron obxecto polo aire supoñendo un serio risco para a integridade da multitude que se atopaba nese momento no mencionado treito da Rúa Manzanares e arredores.

Tamén puidera ser que os axentes que interviron neste operativo fagan un primeiro informe sobre o sucedido para que os seus superiores tomen as medidas pertinentes ao respecto. Algunhas fonte indicaron que incluso podería afectar á Festa da Dorna, polo feito de que a batalla campal se rexistrou coincidindo con esa popular celebración en Riveira.

Fuente: http://www.diariodearousa.com/hoy/comarcas/comarcas001.html


Entradas relacionadas:
 

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.