www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



ANIVERSARIO Hotmail cumpre 15 anos
 
 Enviada o 16/07/2011 na categoría: Novas
O servizo de correo electrónico máis utilizado do mundo ten 360 millóns de usuarios, 14 deles españois.

Sabeer Bhatia e Jack Smith lanzaron en 1996 un dos primeiros servizos gratuítos de correo electrónico baseado na web, e chamárono HoTMaiL, facendo referencia, coas letras en maiúsculas, á linguaxe HTML que se utiliza na web.

O servizo foi adquirido en 1997 por Microsoft e pasou a denominarse MSN Hotmail; a partir de entón, incorporou algúns trocos e funcionalidades para ir aumentando as posibilidades das mensaxes. Os retos concentráronse en ampliar o número de megas (dos ficheiros que se podían enviar como arquivo adxunto), mellorar o almaceamento online e introducir a presentación de fotos. Ademais, aceleráronse os procesos, melloráronse as vistas rápidas e a organización dos correos electrónicos.

Microsoft destaca que a día de hoxe, Hotmail segue sendo o servizo de correo electrónico máis utilizado en todo o mundo, con máis de 360 millóns de usuarios totais, dos cales máis de 14 millóns viven en España. En canto a Windows Live son 500 millóns os usuarios que utilizan os seus servizos ao longo e ancho do globo. Estes usuarios envían aproximadamente 300 millóns de emails ao día , e reciben 9.000 millóns de correos dos seus máis de 25.000 millóns de contactos. Pero ademais, o correo electrónico converteuse nunha das mellores ferramentas para compartir documentos, fotos e todo tipo de arquivos, e os usuarios sábeno: comparten máis de 1500 millóns de fotos ao mes cos seus contactos e aproximadamente 350 millóns de documentos de traballo. De feito, o 95 % da capacidade de almacenamento componse, non de mensaxes, senón de arquivos adxuntos.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/tecnologia/2011/07/05/00031309859193779428850.htm


Entradas relacionadas:
 

INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.