www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



INTERNET O 8,7 % dos internautas rouba o wifi do veciño
 
 Enviada o 16/07/2011 na categoría: Novas
Son os datos dun estudo realizado polo Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO).

O 8,7 por cento dos particulares que se conectan a Internet mediante redes inalámbricas rouba o wifi ao veciño, segundo un estudo do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO), ao que tivo acceso Efe.

A evolución das redes inalámbricas deu lugar a unha conexión a Internet sen necesidade de cables ou puntos de acceso próximos e o wifi cada día está máis presente.

O estudo, que analiza as cifras rexistradas no último trimestre do 2010, evidencia que a adquisición de móbiles con internet aumentou e o 49,81 por cento dos usuarios dispón de wifi no seu móbil, un 18,3 por cento máis respecto ao mesmo período do ano anterior.

Entre os usuarios da tecnoloxía wifi, o 70 por cento dispón de router propio, un 16 por cento accede a través de redes alleas de lugares públicos como establecementos e centros de lecer, e o 8,7 por cento confesou roubarlle o wifi ao veciño, o que supón 1,8 puntos por encima dos datos do último trimestre do 2009.

Entre os usuarios que toman prestado o wifi alleo, o 52,2 por cento declarou que se conecta sempre que o necesita e en calquera lugar, mentres que un 28,6 por cento faino só para certas operacións e un 19,2 preferiu ser máis precavido e acceder a redes alleas unicamente se dispoñen de contrasinais.

No entanto, por encima do 8,7 por cento de persoas que confesan usar o wifi do veciño, un 9,4 dos usuarios con router propio declarou sufrir unha intrusión wifi.

Por esta razón, o 62,6 por cento de usuarios con conexión propia protexe a súa rede con algún sistema cifrado de sinais wifi, e un 23,7 por cento declarou que a súa rede está protexida aínda que descoñece o sistema de cifrado.

No estudo efectuado por INTECO foron enquisadas 3.571 persoas, cunha marxe de erro do 1,68 por cento.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/tecnologia/2011/07/14/00031310654074775600337.htm


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Riveira

Páxina oficial do Concello de Riveira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.