www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O envorco dun camión obrigou a cortar un carril da AC-550 durante máis de dúas horas
 
 Enviada o 13/07/2011 na categoría: Novas
Un aparatoso accidente de tráfico produciuse onte na estrada comarcal AC-550, á altura do municipio de Porto do Son. Os feitos ocorreron cara ás seis e media da tarde, cando o condutor dun camión perdeu o control do vehículo ao explotar unha roda e saíuse da vía, envorcando nas inmediacións do empalme de Nebra.

O vehículo envorcou e foi arrastro uns cinco metros. Ata o lugar do suceso achegáronse outros dous camións para levantar o remolque e recoller a carga.

No incidente non houbo máis coches implicados, aínda que o home que conducía o camión tivo que ser trasladado polos servizos de urxencia ao hospital comarcal.

Presentaba feridas leves e contusións nunha perna. O vehículo accidentado levaba materiais de construción que caeron á vía cando o camión envorcou e obstaculizaban o paso doutros turismos.

Debido ao perigo que para outros condutores supuña a presenza destes elementos na estrada comarcal, os axentes de seguridade tiveron que cortar a circulación nos dos carris da AC-550 durante quince minutos. O corte de tráfico no carril da dirección en na que se atopaba o camión prolongouse durante algo máis de dúas horas.

Policía Local de Porto do Son, Protección Civil e membros da Garda Civil encargáronse do operativo de urxencia.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/07/13/0003_201107B13C3999.htm


Entradas relacionadas:
 

Festa Vikinga de Catoira

Páxina web da Festa Vikinga en Catoira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.