www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O pailebote «Nieves » conecta de novo A Pobra con Sálvora e Ons
 
 Enviada o 11/07/2010 na categoría: Novas
O Nieves , un pailebote construído no ano 1918 e recuperado agora para fins turísticos, volverá conectar a vila pobrense coas illas de Sálvora e Ons. O buque realizará viaxes recreativas a partir desta mesma seman para que barbanzans e visitantes teñan ocasión de coñecer dúas interesantes paraxes pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O veleiro fará o traxecto entre A Pobra e Sálvora os mércores e os venres. En ámbolos días, a saída terá lugar ás dez da mañá, estando previsto o regreso para as dúas da tarde. O prezo do billete foi fixado en 30 euros.
Por un pouco máis, 45 euros, as persoas que o desexen terán ocasión de embarcar no porto pobrense con rumbo a Ons. O Nieves partirá con este destiño os domingos, ás once da mañá, para regresar ao momento de partida sobre as seis da tarde.
Trátase de dúas interesantes rutas náuticas que permiten descubrir os encantos de dúas illas, pero tamén do conxunto da ría arousá.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/07/11/0003_8603839.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.