www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Instalados os catro semáforos do Dique de Ribeira
 
 Enviada o 01/07/2011 na categoría: Novas
Finalmente son catro, e non dous como estaba previsto, os semáforos instalados no Dique ribeirense para regular tanto o tráfico como o tránsito de peóns nas xornadas de mercadillo. Onte procedeuse á colocación dos aparellos, que mañá mesmo comezarán a funcionar.

Inicialmente, estaba previsto pór dous semáforos nos pasos de peóns situados a dereita e esquerda do cruzamento coa rúa Rosalía de Castro e valorar a posibilidade de instalar outro par. Con todo, onte instaláronse xa os catro. A colocación iniciouse pola mañá por parte da empresa á que se contratou a actuación.

Mellorar o tráfico

Con esta medida, o executivo ribeirense quere acabar cos embotellamentos habituais os sábados pola mañá debido á elevada afluencia de persoas ao mercadillo. De feito, a intención do goberno ribeirense é que os semáforos funcionen unicamente mentres se celebra a feira semanal, xa que a continua trasfega de viandantes cruzando o Dique provoca importantes retencións de tráfico.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/07/01/0003_201107B1C3992.htm?idioma=galego


Entradas relacionadas:
 

O sitio da Festa da Dorna

Páxina web oficial da Cofradía da Dorna
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.