www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Webmaster galego desafía a censura do Goberno dos EE.UU.
 
 Enviada o 17/06/2011 na categoría: Novas
Roja Directa ten un millón de visitas únicas ao día. Tras vencer as demandas de Prisa, Igor Seoane, de Oleiros, comeza unha batalla legal nos Estados Unidos para recuperar os seus dominios .com e .net, secuestrados polas autoridades norteamericanas, que nin sequera o denunciaron ante os xulgados

Un mozo de Oleiros, Igor Seone, é hoxe protagonista nos medios especializados en tecnoloxía e xeralistas, mesmo a BBC, en todo o mundo. Iso si, Seoane é protagonista moi ao seu pesar.

Enorme popularidade

O informático opera dende hai máis de catro anos Roja Directa, un portal especializado na retransmisión de eventos deportivos: futbol, baloncesto, Fórmula 1, etc.

O éxito da iniciativa é enorme, con decenas de miles de usuarios diarios de todo o mundo. Código Cero situábaa como a terceira web galega máis popular hai tres anos . Puerto 80, a empresa pola que se xestiona o portal, di que é o 70 dominio máis popular no mundo. No facebook sígueno máis de 82.000 persoas.

Desestimada a demanda de Audiovisual Sport

Roja Directa non transmite ningún contido ilegal. Polo menos segundo a Xustiza española, que desestimou unha demanda do Grupo Prisa presentada en 2007. A filial de Prisa Audiovisual Sport acusábao de violar os dereitos de autor das retransmisións de futbol español. Non foi condenado, pero o rapaz tivo que aturar a experiencia de atopar á Policía na súa casa e ser conducido a comisaría.

A clave é que en Roja Directa non hai contidos audiovisuais, só enlaces a programas p2p nos que os internautas, se queren, poden compartir retransmisións en directo. Tamén existe un activísimo foro para descargar vía p2p ou de servidores tipo Megaupload eventos gravados e subidos polos propios internautas.

Seoane non se lucra directamente da páxina que, malia a súa masiva audiencia, non publica publicidade. Por estes e outros motivos a Xustiza española desestimou polo menos dúas demandas contra o webmaster galego.

Sen embargo, Roja Directa ten que lidiar agora con novos intentos de censura, neste caso non legal, senón administrativa e comercial. 0 31 de xaneiro, na véspera da Superbowl, a final do fútbol americano, o Departamento de Xustiza dos EE.UU. secuestrou os dominios rojadirecta.com e rojadirecta.net acusándoo de "reproducir ou distribuír material con copyright (...) sen permiso".

Lexislación post 11S

Trátase dunha actuación policial, sen sentencia ou denuncia algunha que sirva de soporte. Os dominios .net e .com están operados pola norteamericana Verisign e a lei dos EE.UU. aprobada tras o 11S permite este tipo de secuestros administrativos.

A novidade nestes días é que Puerto 80 comezou o contrataque legal. Os seus abogados presentaron unha demanda nos xulgados de Nova York contra o Goberno dos EE.UU. esixindo que devolva os dominios e se absteña de secuestrar unha web que, hoxe por hoxe, é 100% legal.

Google permite a censura comercial

Puerto 80 denuncia o dano producido, pois na demanda di que perdeu o 32% do seu tráfico, que cifra nun millón de visitas únicas ao día. O 68% do tráfico que mantén entra en dominios como, por exemplo, rojadirecta.es que, ao ser xestionado pola entidad estatal española Red.es, non poden ser secuestrado de oficio polos norteamericanos.

Con todo, Rojadirecta.es tampouco se salva da censura, neste caso comercial. O buscador Google, baseado tamén nos EE.UU., acaba de borrar todos os enlaces ao dominio .es tras recibir unha queixa da MLB, a liga profesional de beisbol dos Estados Unidos.

Os empresarios deportivos aproveitanse da polémica Digital Milenium Act para tentar aplicar unha censura de facto sobre a web galega. A MLB denunciou a Rojadirecta.es a través do programa de publicidade de Google, malia que o portal non está afiliado a este programa.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8061.html


Entradas relacionadas:
 

Páxina da Pobra do Caramiñal

Páxina web oficial da Pobra do Caramiñal
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.