www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Agoras_andantes
 
 Enviada o 10/06/2011 na categoría: Novas
Non sei onde lin que cando naceu a psicoloxía como tal, con conciencia propia de si mesma e todo iso, un cura da época comentou que a secularización da vida chegara incluso á confesión dos pecados. Se a partires daquela a revelación dos desexos máis escuros, das máis baixas paixóns e dos soños incofesables se arremetían diante dun estraño que non te xulgaba, que simplemente che escoitaba para che cobrar e logo dicirche que o que se che pasaba polo maxín era normal e non contos de bruxas; o oficio de confesor divino deixaba de ter sentido. Quizais ese emisario de Deus teña razón aínda hoxe.



O certo é que dende a psicoloxía analízanse moitos aspectos do ser humano, e non só aquilo que poderíamos considerar reprobable. Tamén conta entre as súas áreas de interese a relación da humanidade coa divinidade a través de tan grandes preguntas coma: por qué o home cree en deus? E a empresa non é pequena. Un dos atallos que se collen nestas pesquisas son o sometemento do individuo a situacións confusas, desorientadoras e carentes de lóxica. O experimento en cuestión non deixa de ter a súa interese.



Cóllense dous suxeitos, A e B, e díselle que serán sometidos a unha proba de aprendizaxe humano. Cada un anda nunha sala conectado a uns cascos polos que oe unha serie de respostas que se contestan cun si, vermello, e cun non, azul. No caso de A, as preguntas e respostas casan loxicamente, no caso de B, os controis son totalmente aleatorios, sen ningún tipo de lóxica. Ao rematar a proba pídeselle a cada participante que explique o tipo de relación que cree que hai entre as respostas e as preguntas. No caso do individuo A no que as preguntas cadraban loxicamente, desenvolveuse unha lóxica (entendida como explicación das cousas que poderíamos chamar normal) mentres que o individuo B, daba unha explicación tan enrebesada que un dos psicólogos que realizaban o experimento asombrouse: “Caramba! Parece que está a falar dunha relixión!”. Pero o máis curioso é que cando os dous individuos foron reunidos, B, coa súa explicación carente de lóxica e recheada con indudable imaxinación, foi quen de convencer ao suxeito A. Isto deuse nun amplo porcentaxe de participantes (máis do 70%).



Logo de todo isto asómbrome do doado que é adherir a un individuo a unha doutrina. Se seguimos estes estudos só fai falla levar ao humano a un calexón sen saída. E isto,non pasa con demasiada frecuencia? Cantos de vostedes non se sorprenderon diante do espello abafados polo que, pensaron, se lles viña enriba? Quen non se ve nun momento da vida pensando que os acontecementos non teñen un porqué claro e que forza algunha externa ten que existir para que explique os aconteceres? Na maioría dos casos ese algo é deus. Outros chámanlle maxia, ou casualidade, ou ciencia, ou meigas. O conto é non ter saída, mentalmente me refiro.



Ía pensando nisto mentres viaxaba no autobús que me levaba ao aeroporto de Sevilla. E veume á cabeza porque maquinaba nas voltas da vida, na falta de lóxica, no transcorrer de días e noites sen conexión aparente, nos calexóns sen saída. E vinme tan indefensa ante os pensamentos de seres superiores que pensei que ao mellor eu mesma era ese suxeito B explicándolle ao A que tras longas agonías de respostas sen sentido chegou a unha conclusión enrevesada, carente de toda lóxica humana, pero que necesita para seguir vivindo e que o outro tamén necesita se querer seguir esa liña. E tiven medo incluso de min mesma.



Antes de baixar do transporte urbano pregunteime: e non será que no fondo a vida carece totalmente de lóxica, sentido e significado? Polo tanto, existir non é simplemente unha sucesións de agoras andantes e o demais son paparruchadas de homes en busca de respostas inalcanzables?

TAMARA PEÑA

Fuente: http://certo.es/index.php?page=agoras_andantes


Entradas relacionadas:
 

Festa Vikinga de Catoira

Páxina web da Festa Vikinga en Catoira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.