www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Querer_e_quererse_moito
 
 Enviada o 10/06/2011 na categoría: Novas
Pilloume pola esquerda, sen previo aviso. Asustoume, pero ao velo veume a alegría porque os bos tempos vividos son bos tempos vividos. Alto, moreno e máis delgado ca sempre. “Te veo genial, la verdad”. “Gracias” contesto cun correcto sorriso nos beizos. “Eu a ti máis guapo”. “Es mi novia, que me pone así”. “Alégrome”. Claro que me alegro, como para non!



Estou convencida de que a vida é unha roda que xira sobre si mesma e ao mesmo tempo avanza en liña recta sobre o chan. Eses círculos da roda son os ciclos da vida; a liña, son os anos que poñen no DNI. Este encontro fortuíto é unha desas etapas, eses finais de ciclo da roda que se anuncian con personaxes con anos enriba e vencidos con canas.

Cando cumprín 17 anos tiven a sorte de atopalo nun deses bares pechados moi tarde e dende aquela, ata dous anos máis tarde, inseparables. Primaveras, veráns, invernos e outonos incríbles. Aprendendo, cheos de amor, de soños, de novos lugares, de momentos a soas. Incríbles. Ao final non puido ser, pero “lo que nos pasó no hay calendario que lo quite”. Claro que non! Xa dixen moitas veces nesta columna que non me arrepinto de nada feito, basicamente porque o feito, no seu momento, ben feito estivo.



O conto non era ese. A historia era agradecer desde aquí, con estas verbas, eses momentos xa pasados nos que o agora non era importante. Non sabía como facelo, nin crin oportuno dicilo á cara cando os sentimentos xa non son os mesmos. Por iso aproveito. Cólome por un momento neste xornal e tómome a oportunidade para ser agradecida. E penso, coma sempre.

Teño unha amiga estremeña que non fai máis que queixárselle a vida do mal que a tratou, do moito que a putearon (permitídeme a expresión) todos os que coñeceu, do penosamente que as persoas que atopou no camiño interaccionaron con ela. Todo é queixarse. “¿Y nunca te has planteado que vivir en la queja continua es una buena manera de ser siempre víctima y nunca persona adulta que se hace cargo de su vida y decide su compañía, y su soledad?”. E queda calada porque no fondo sabe que levo razón. Por sorte eu apartei eses pensamentos da miña vida hai moito e así, case sen querer, atopei as mellores persoas no meu camiño que hai sobre a terra. Jose foi unha delas.



E alí, despois de 4 anos, os dous na rúa, sentados nunha terraza e falando do xeito como nos tratou a vida, de proxectos, de amores pasados, de experiencias vividas, de pensamentos extinguidos que nunca se dixeron. Coma dous bos amigos que recordan bos momentos. Nada máis... e nada menos! Á parte da sorte supoño que tamén será un pouco de atracción da miña personalidade porque un ao final ten o que se anda buscando. A actitude, que é máis importante do que parece porque, antes que nada, predispón. Para todo na vida: os traballos, os amores, as persoas.



“Te digo que no, que a mí la vida me ha tratado muy mal. Hasta que conocí a mi Antonio no sabía lo que era que un chico te tratase bien todos los días”. Miro para o chan e penso no pouco que se debe querer unha persoa para soportar que o compañeiro non dea nin bos días cando se digna a aparecer. Que pouco se debe querer!


TAMARA PEÑAA

Fuente: http://certo.es/index.php?page=querer_e_quererse_moito


Entradas relacionadas:
 

Visita a fraga do Triskel

Páxina web da taberna o Triskel en Ribeira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.