www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Unha pantalla xigante emitirá a final do Mundial de fútbol na praza Maior da Pobra
 
 Enviada o 10/07/2010 na categoría: Novas
A paixón que esperta a selección española de fútbol vívese con intensidade tamén na comarca barbanzana. Mañá, os que desexen gozar da final do Mundial ao aire libre, terán á súa disposición unha pantalla xigante duns dezaseis metros cadrados na praza Maior da Pobra.

Tres empresas -Bar Olimpo e Innove Eventos, da Pobra, e Mascolor, de Boiro- uniron esforzos e diñeiro para alugar esta pantalla televisiva coa que poder gozar dun partido de fútbol histórico, que se emitirá ás 20.30 horas.

Montaranse dúas barras de bar na praza, que estarán a funcionar desde as 19.30 horas. Ademais, ao finalizar o encontro deportivo comezará unha actuación dun pinchadiscos para gozar da festa.

A pantalla trouxérona directamente desde Portugal e alugárona fai uns quince días, confiando en que España chegase á final da Copa do Mundo. Os empresarios animan a veciños e visitantes a acudir mañá á praza Maior pobrense para celebrar todos xuntos este acontecemento histórico e pasar unha tarde-noite agradable.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2010/07/10/0003_8602007.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Asociación "O Cabo" Corrubedo

Web da Asociación "O Cabo" de Corrubedo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.