www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Boiro: o alcalde en funcións acude o martes, 31 de maio, a recoller en Madrid as bandeiras "Q" para Carragueiros, A Retorta e Mañóns
 
 Enviada o 27/05/2011 na categoría: Novas
Boiro vai estrear dous novos puntos accesibles na praia de Barraña
Bandeira azul e distintivo "Q", na praia das Catedrais (Ribadeo, Lugo)

O Concello de Boiro manifestou, a través do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e da Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, a súa satisfacción pola concesión, un ano máis, de cinco bandeiras azuis para as praias do municipio, concretamente as de Barraña, Carragueiros, Mañóns, A Retorta e Saltiño-Barraña-Esquerda. Esta enseña garante non só a calidade das augas, a area e a limpeza dos areais, senón tamén outros servizos como poden ser duchas, baños ou servizos de salvamento e socorrismo.

O Concello de Boiro leva feito un importante esforzo para incrementar os servizos nas súas praias, sendo unha das actuacións máis destacables a dotación de “puntos accesibles” para persoas discapacitadas ou con mobilidade reducida nas praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns, e este ano estrearemos outros dous puntos na praia de Barraña; un situado en Praia Xardín (fronte ao restaurante Galeón) e outro a carón do área deportiva de Barraña.

Estes puntos contan, entre outras cousas, con aparcadoiro, duchas e aseos adaptados, unha pérgola que constitúe unha zona de sombra, así como cadeiras anfibias e muletas. O persoal de socorrismo tamén está dispoñible para axudar a estas persoas e atender as súas necesidades.

Por outra banda, o Concello de Boiro informa que Boiro conta ademais este ano con outras tres bandeiras “Q” de calidade turística nas praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns. O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, asistirá este martes, día 31 de maio, ás 11.00 horas na sede do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en Madrid, ao acto de recollida de ditas bandeiras.

Fuente: http://certo.posterous.com/boiro-o-alcalde-en-funcions-acude-o-martes-31


Entradas relacionadas:
 

ASOCIACION DE VECIÑOS DE CARREIRA

Non forma parte da nosa política de publicidade. Pero como estas persoas traballan desinteresademente para o pobo promovendo actividades a alternativas tanto para mayores como para os nosos nenos vemonos interesados a dar o enlace o seu blogspot.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.