www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Ribeira: a Coral Polifónica Municipal presenta o disco "Voces de Ribeira" este domingo no auditorio
 
 Enviada o 27/05/2011 na categoría: Novas
É o seu primeiro traballo discográfico, con 12 temas e ampla presenza de cancións de autores de Ribeira


A Coral Polifónica Municipal presenta este domingo, 29 de maio, ás 20.30 horas, nun concerto no Auditorio o seu primeiro traballo discográfico, titulado “Voces de Ribeira”. Para falar da actuación e do disco compareceron hoxe no Auditorio o concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández, e o director da coral, Enrique Paisal.

O edil en funcións sinalou que o disco está composto de 12 temas cuxa música ou ben foi composta por Enrique Paisal ou ben conta con arranxos ao seu cargo. Ademais, informou de que moitas das cancións están escritas por autores do municipio, como “Canción del Centenario”, con letra de Emilio Erolo; “Himno de Riveira” e “Mariñeiro de Dorniña”, ambas escritas por Manuel Ramallo, ou “A Palmeira”, de José Vicente Domínguez.

Nesta primeira tirada, editáronse un total 500 exemplares do CD, que está acompañado dun pequeno dossier no que se reflicte a historia desta coral municipal creada no ano 1991, así como a relación das persoas que actualmente a compoñen.

Actuacións internacionais

Luciano Fernández destacou a gran traxectoria deste grupo, “levando o nome de Ribeira moi alto nas súas exitosas actuacións, mesmo fóra dos límites da comarca e de Galicia”. A este respecto, recordou que a coral municipal ten actuado en lugares tan afastados como Adeje (nas Illas Canarias) ou incluso en Baltimore, New Jersey e New York, nos Estados Unidos.

O concelleiro sinalou que a actuación do domingo é gratuíta (poderanse retirar as entradas dende media hora antes do inicio da mesma) e convidou aos veciños a que se acheguen ata o Auditorio para disfrutar das 42 voces mixtas que integran o colectivo dirixido por Enrique Paisal.

En canto a este último, agradeceu a colaboración do párroco de Palmeira, Ricardo Villaverde, por ceder a Igrexa para a gravación, así como do técnico musical da Radio Galega, Pablo Barreiro.

Fuente: http://certo.posterous.com/ribeira-a-coral-polifonica-municipal-presenta


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.