www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Literatura: unha alumna do instituto da Cachada de Boiro e un alumno do "Virxe do Mar" de Noia, gañadores dos premios Ánxel Casal
 
 Enviada o 11/05/2011 na categoría: Novas
Literatura: unha alumna do instituto da Cachada de Boiro e un alumno do "Virxe do Mar" de Noia, gañadores dos premios Ánxel Casal

Barbanza-Noia, 26 de abril de 2011. A canteira literaria nestas bisbarras segue a colleitar premios. Os membros do xurado do concurso literario Ánxel Casal deu a coñecer onte aos gañadores da XVI Edición, que neste caso recaeron en alumnos de colexios e institutos de Noia, Boiro e Santiago. En total presentáronse case 40 traballos chegados de toda Galicia.

Na modalidade de poesía, o primeiro premio recaeu en Ismael Ramos Castelo, do I.E.S Virxe do Mar, de Noia, polo traballo "Casa Tomada". Segundo o xurado, "hai que destacar o traballo na arquitectura do poemario constituído por catro partes e un post scriptum. É interesante o diálogo entre as citas, dunha estirpe de escritoras moi concreta, e a aportación do autor.. Ademais debe salientarse a tensión reservada para o derradeiro verso, na súa precisión e no coidado da palabra".

En canto aos traballos presentados na modalidade de Conto, Lucía Laíño Lojo, do IES A Cachada, de Boiro, acadou o primeiro premio coa obra SMP15. Para o xurado, estamos ante un conto que non e conto, que é unha novela, que engaiola pola ambición da narradora de contalo todo, cunha estructura orixinal, actual e cun elemento fantástico moi ben introducido no mundo real. En segundo posto quedou Alba Sofía Naseiro Lamas, do IES Basanta Silva., de Vilalba, co título Os ollos da pantasma, un relato de pautas, de estilo clásico, con clara inspiración gótica e vitoriana, apuntando unha linguaxe imitadora da novela do XIX.

O traballo presentado por Helena Salgueiro Golán, do IES Antón Fraguas., de Santiago de Compostela, co título "O transitorio das palabras" foi merecente segundo o xurado do segundo premio xa que "quere chamar a atención sobre o traballo desenvolvido coa linguaxe, e a utilización do espacio do poema poñendo a proba a sintaxe. É interesante, así mesmo, o tratamento da palabra en relación ao
silencio e a contención como fórmula que resolve o desencontro no acto poético".

No apartado de Teatro, a gañadora foi Concepció Rubert Castro, do Colexio La Salle, de Santiago de Compostela, polo traballo "Eros & Psique". O comentario dos expertos destaca a singularidade do tema abordado que actualiza o mito clásico de Eros e Afrodita levando o conflito ao tempo actual. Salienta así mesmo a fluidez da escrita e a estrutura dramática moi coidada, tanto nas acoutacións como no desenvolvemento dunha peza concibida para ser representada. O segundo premio declarouse deserto.

ACTA DO XURADO DA XVI EDICIÓN DO

CONCURSO LITERARIO ÁNXEL CASAL 2011

Logo da convocatoria do Departamento de Educación deste Concello para os efectos de elixir os premios da XVI Edición do Concurso Literario Ánxel Casal nas modalidades de conto, teatro e poesía, reúnense no Salón Verde do Concello de Santiago de Compostela os seguintes membros do xurado:

Mercedes Rosón Ferreiro
Marcos Sánchez Calveiro
Xosé M. Rodríguez – Abella Gómez
Manolo Bragado
Dores Tembrás Campos
Rosa López Gato

Ás 9:30 horas do día 25 de abril de 2011, a presidencia abre unha quenda de intervencións para que os membros do xurado expoñan os seus criterios con respecto aos traballos presentados a esta XVI Edición do concurso literario Ánxel Casal. Logo das oportunas deliberacións, resultan elixidos os seguintes textos:

Na MODALIDADE DE POESÍA:

1º Premio, presentado por Ismael Ramos Castelo, do I.E.S Virxe do Mar,
de Noia, co título Casa Tomada e baixo o pseudónimo Antítese da Ruína.

Comentario:

Hai que destacar o traballo na arquitectura do poemario constituído por catro partes e un post scriptum. É interesante o diálogo entre as citas, dunha estirpe de escritoras moi concreta, e a aportación do autor. Ademais debe salientarse a tensión reservada para o derradeiro verso, na súa precisión e no coidado da palabra.

2º Premio, presentado por Helena Salgueiro Golán, do IES Antón Fraguas, de Santiago de Compostela, co título O transitorio das palabras e baixo o pseudónimo Valsanviz.


Comentario:

O xurado quere chamar a atención sobre o traballo desenvolvido coa linguaxe, e a utilización do espacio do poema poñendo a proba a sintaxe. É interesante, así mesmo, o tratamento da palabra en relación ao silencio e a contención como fórmula que resolve o desencontro no acto poético.

MODALIDADE DE TEATRO:

1º Premio, presentado por Concepció Rubert Castro, do Colexio La Salle, de Santiago de Compostela, co título Eros & Psique e baixo o pseudónimo Rufa López .

Comentario:

O xurado destaca a singularidade do tema abordado que actualiza o mito clásico de Eros e Afrodita levando o conflito ao tempo actual. Destaca a fluidez da escrita e a estrutura dramática moi coidada, tanto nas acoutacións como no desenvolvemento dunha peza concibida para ser representada.


2º Premio, declárase deserto.

En canto aos traballos presentados na MODALIDADE DE CONTO:

1º Premio, presentado por Lucía Laíño Lojo, do IES A Cachada, de Boiro, co título SMP15 e baixo o pseudónimo Ericium.

Comentario:

Un conto que non é conto, que é unha novela. Engaiola pola ambición da narradora de contalo todo, cunha estrutura orixinal, actual e cun elemento fantástico moi ben introducido no mundo real.

2º Premio, presentado por Alba Sofía Naseiro Lamas, do IES Basanta Silva, de Vilalba, co título Os ollos da pantasma e baixo o pseudónimo Rosalía Branco .

Fuente: http://certo.posterous.com/literatura-unha-alumna-do-instituto-da-cachad


Entradas relacionadas:
 

Costa de Compostela

Páxina onde podemos encontrar tódalas empresas relacionadas co turismo do Barbanza
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.