www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Ribeira: o Bng comprométese a crear a Concellería de Pesca e facer do mar asunto crucial do municipio
 
 Enviada o 27/04/2011 na categoría: Novas
A alcaldable de Ribeira polo Bng, Dominga Brión, asegurou hoxe que se compromete a "poñer en marcha a Concellería de Pesca, que será o faro vixía, atento aos perigos, e a encargada de darlle voz ao mar. Tamén consideramos fundamental reclamar un novo status para Galiza: o de zona altamente dependente da pesca".

Bieito Lobeira, Xosé Luís Groveiro e a candidata citada reuníronse co sector pesqueiro, xuntanza á que acudiron o Patrón Maior de Ribeira e representantes de todas as asociacións locais tanto do ámbito pesqueiro como comercializador. Durante un par de horas déuselle un repaso a todos os problemas que afectan ao sector tanto no relativo á redución de cotas, como á necesidade de acondicionar e modernizar todas as infraestruturas portuarias. Insistiron na necesidade de competir en igualdade de condicións á hora de poder pescar e mesmo de negociar as cotas. "Para iso é fundamental que as administracións se impliquen na defensa dun sector estratéxico para o país. Neste senso, consideran fundamental para a viabilidade da flota incrementar as cotas para o vindeiro ano ao nivel do ano 2010 e manter os mercados, pois unha vez perdidos é moi difícil recuperalos. Con respecto á situación do porto, concordamos na necesidade dun Plan de Usos, dunha nova lonxa, de chabolas, de mellorar os pantaláns, o propio firme ou a dotación de tomas de auga. Do mesmo xeito, é evidente a falta de limpeza e de iluminación; persoalmente contei máis dunha ducia de luminarias fundidas", asegura Dominga Brión.

Agravios comparativos

"Tamén coincidimos no agravio comparativo que se está producindo a respectos doutros portos nos que se permite a subministración de gasolina ás embarcacións coas exencións fiscais previstas na lei, o que supón unha rebaixa no prezo do combustible dun 50% aproximadamente, do que a flota de Ribeira non se está a beneficiar. Dende a Concellería de Pesca traballaremos en coordinación co sector e con todas as administracións para que Ribeira non só manteña os actuais postos de traballo que se xeneran no mar, senón que mesmo se incrementen. Temos potencialidades para seguir sendo o primeiro porto de baixura de Europa e sector e administración deben navegar no mesmo barco para que a pesca en Ribeira teña futuro", concluíu a candidata nacionalista á alcaldía ribeirense.

Fuente: http://certo.posterous.com/ribeira-o-bng-comprometese-a-crear-a-concelle


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Riveira

Páxina oficial do Concello de Riveira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.