www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O PP segue a reservar postos aos seus cargos e familiares
 
 Enviada o 25/04/2011 na categoría: Novas
Á reserva de posto da muller do Delegado Territorial de Ourense, Rogelio Martínez, pode engadirse tamén o de Ángel Espadas, exconcelleiro popular en Santiago de Compostela, que ten de prazo ata o 30 de abril para reincorporarse.

Por cigautonomicaou (http://autonomica.cigadmon.org/) |

Hai uns días a CIG-Autonómica denunciou a reserva dun posto de traballo a muller do Delegado Territorial da Xunta de Galiza en Ourense, Rogelio Martínez.
Dita praza era eliminada dos listados de postos que o persoal laboral fixo podía pedir para solicitar un traslado e, quitándoa da relación de postos, a Xunta evitaba que ninguén a puidese solicitar e que a compañeira do Delegado Territorial acabara no paro.

O pasado luns tivo lugar unha Comisión de Persoal, o máximo órgano de persoal da Xunta de Galiza, e nela a Administración permitiu que iso sucedera avalando que o posto da compañeira sentimental do Delegado Territorial non saíra no concurso de traslados. Se a lóxica democrática se tivera imposto a Administración incluiría avergoñada o posto no concurso pero lonxe disto préganse as directrices políticas e permiten a irregularidade.

Pero esta non foi a única sorpresa desagradábel que tivemos. A CIG solicitou que se incluíra na relación de postos do concurso o posto de Angel Luis Espadas Díez, exconcelleiro do PP en Santiago de Compostela que cesou no seu cargo político o pasado 14 de marzo por causas que foron publicamente coñecidas.

Ángel L. Espadas era concelleiro e, polo mesmo, estaba en excedencia forzosa no seu posto de Vixiante Fixo de defensa contra incendios forestais no Distrito Forestal III (Santiago-Meseta Interior) da comarca forestal Ordes-Santiago. Cesou no seu cargo público o pasado 14 pero non foi efectivo oficialmente ata que se aprobou no Pleno do Concello, que foi o 30 de marzo. Polo tanto, aínda está en prazo de solicitar a súa reincorporación.

O presidente Feijoo zafábase das preguntas sobre a política de persoal na Deputación de Ourense, escudándose de que era outra Administración. Pois ben, agora a súa casa está sen varrer, e dende a CIG-Autonómica preguntámonos se ten algo que dicir.Dende a CIG reiteramos que este tipo de actitudes nepóticas son inaceptabeis e suficientes para que o Delegado Territorial sexa cesado de xeito inmediato ou si non é así, deberían dimitir as persoas que permiten esta tropelía, e dicir, a Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, a Secretario Xeral Técnico da Consellaría de Medio Rural e o Director Xeral da Función Pública, partícipes todos eles da trama de reserva de postos de traballo a cargos e familiares do PP na Xunta de Galiza.

Dende a CIG-Autonómica esiximos que se oferten o 100% das prazas vacantes no concurso de traslados do Grupo V do Persoal Laboral da Xunta de Galiza.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7658.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

BUSCADOR de festas de Galicia

Magnifico buscador de todas as festas galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.