www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O Braveheart galego rodarase en 2012
 
 Enviada o 25/04/2011 na categoría: Novas
Galaicus, o proxecto de película de Luís Tosar e Farruco Castromán suma o financiamento das deputacións de Ourense e Lugo.


Confirmado. Haberá película épica sobre os castrexos. Os produtores Luís Tosar e Farruco Castromán confirmaron hoxe que a comezos de 2012 comezarán a rodar Galaicus. Unha película histórica sobre as loitas entre celtas e romanos.

Cun investimento superior aos 4 millóns de euros, trátase da primeira gran superprodución lanzada dende o país. Nese sentido, a sorte de Galaicus pode ser determinante na consolidación do audiovisual galego, lastrado nos últimos anos pola crise.

Apoio das deputacións

O director Rubén Ríos e os produtores presentaron o proxecto na Deputación de Ourense. O proxecto conta tamén co apoio da Deputación de Lugo.e dos concellos de Xinzo e ourens.e Aínda falla confirmar a prevista participación da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega dás Industrias Culturais, pero o Goberno xa subvencionou o guión.


No acto deste luns, o Presidente da Deputación, José Luis Baltar, garantíu públicamente o apoio da Deputación de Ourense a este ambicioso proxecto cinematográfico, que se basea nunha idea orixinal do actor Rubén Riós.

A película xa conta cun guión –foi o máis valorado nos proxectos presentados á Xunta de Galicia- e está pendente de decidir quen será o seu director, segundo explicou o responsable da produción, Farruco Castromán.

Un ano despois das primeiras noticias, os produtores din que tamén buscan financiamento foráneo, especialmente do Reino Unido. Dese país saíron nos últimos anos dúas apostas polo cine de romanos, Centurión e A Águia da Lexión, con bastante éxito comercial.

O popular actor Luís Tosar asegura que "a pretensión é retratar unha época cuns feitos reais", para o que contará co asesoramento de expertos universitarios. O filme usará a lenda do Río do Esquecemento na Limia como parte do guión da conquista romana a partir do 137 antes de Cristo. O propio Tosar será Décimo Xuño Bruto

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7644.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.