www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A PROBA DE CAMPO A TRAVÉS DE O CORGO ABRIRÁ A CUARTA EDICIÓN DO CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE RIVEIRA
 
 Enviada o 24/04/2011 na categoría: Eventos
O evento terá lugar o sábado día 30 de abril pola tarde.

Hoxe tivo lugar a
presentación da cuarta edición do Circuíto de Carreiras Populares
Concello de Riveira. Estiveron presentes neste acto o concelleiro
de Deportes de Riveira, Miguel Ángel Vidal; e Eduardo Iglesias en
representación da Cofradía da Dorna, organizadora da Carreira
Popular do Corgo; proba que dará inicio ao circuito o 30 de abril.

A Carreira Popular do Corgo disputará a súa quinta edición que,
cunha lonxitude de 8.000 metros pasará por puntos como os
campos de Teira, o monte do Facho ou a praia de Baieiros. O 95%
do percorrido descorre por terra.

O circuíto dará comezo ás 12.30 horas. Ademais da carreira
individual haberá unha modalidade por parellas (os corredores
deban saír xuntos, correr xuntos e chegar xuntos á meta). Unha
novidade desta edición é que a proba incluirá unha encordada para
salvar un desnivel duns dez metros.

As aspiracións da organización son alcanzar os 200 participantes.
Na pasada edición tomaron parte no certame 260 corredores e
gañou Alejandro Gómez. O primeiro corredor riveirense foi Ramón
Folgar, que finalizou na terceira edición. Para inscrición e bases da
proba: www.cofradiadadorna.com ).

Circuíto
As outras tres probas que integran o Cuarto Circuíto de Carreiras
Populares Concello de Riveira son, segundo informou o edil Miguel
Ángel Vidal, a Carreira Popular Virxe da Guía, que se disputará o
17 de maio (Día das Letras Galegas) na parroquia de Carreira; a
Carreira Popular San Xián de Artes, que terá lugar o 21 agosto;

e a Carreira Popular de Santa Uxía, que se disputará o 10 de
setembro.

Só puntuarán para o circuíto os atletas nados en 1994 e anteriores
e será condición indispensable ter rematadas as catro carreiras
para acadar algún dos premios. En canto a estes, os 3 primeiros
clasificados absolutos masculinos e as 3 primeiras mulleres
recibirán material deportivo New Balance por valor de 150 euros.
Os 50 primeiros clasificados homes e mulleres que rematen as
catro carreiras recibirán un pack de material deportivo composto de
unha camiseta técnica New Balance, unha prenda Buff e un par de
calcetíns Mund.

COMPLETAN O CIRCUÍTO AS CARREIRAS DE VIRXE DA GUÍA,
SAN XIÁN DE ARTES E SANTA UXÍA

Fuente: http://certo.posterous.com/a-proba-de-campo-a-traves-de-o-corgo-abrira-a


Entradas relacionadas:
 

Busca Costaweb

Ter todos os enlaces de internet da zona. E un proxecto ambicioso e intentamos consegi-lo. Axudanos si non está algunha que vostede coñeza. INFORMANOS.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.