www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



GASTO SANITARIO Feijoo cuestiona a sostenibilidade do Sergas se non se troca o modelo
 
 Enviada o 07/07/2010 na categoría: Novas
Sanidade presenta a renovación do sistema público de saude, que prevé aforrar 140 millos deica o 2014 e salvala sanidade galega.

O creciente gasto sanitario polo envellecemento e a dispersión poboacional e a imposibilidade de xerar recursos ao mesmo ritmo nun contexto de crise an colocaron ao
sistema galego de saude ante un problema de sostenibilidade. Así de explícito se amosouse onte
o xefe do Executivo galego. Alberto Núñez Feijoo puso en dubida a viabilidade do modelo si
non hai un profundo troco na xestión. Ante un nutrido auditorio de persoal sanitario, cunha posta en escea similar á da xunta de accionistas dun banco, o presidente avanzou no
Palacio de Congresos de Santiago as líñas xerais da Estratexia Sergas 2014, que o propio Feijoo bautizou como a mayor renovación do sistema público desde a transferencia da sanidade a Galiza en 1991.
O novo modelo pivota sobre a optimización e racionalización do gasto farmacéutico, e sobre a adopción de iniciativas para reducilo gasto corrente en 140 millons de euros ata o 2014
ca posta en marcha dunha central de compras e dunha plataforma loxística. Sanidade insistieu no que se aposta por unha estructura organizativa máis eficente, como as áreas de xestión integrada para dinamizalo sistema público.
.Evitar duplicidades.
«Queremos fórmulas organizativas con visión horizontal e integradora dos procesos asistenciais que superen os compartimentos existentes e a relación actual entre a asistencia primaria e a especializada», dixo o presidente. A Xunta aproveitará a experiencia da área única de Ferrol e avanzará na implantación da xestión integrada nas de A Coruña e Santiago. Trata-se dun sistema que coordina a área da atención primaria e a especializada para evitala duplicidade de probas e facer un seguemento permanente ao pacente.
O modelo organizativo é un dos catro pilares que sustentan o cambio e que definen a nova estratexia, cuxa divulgación pública onte moveu-se máis no terreo dos principios xerais. Feijoo, que defendeu o sistema público e comparóu-no cos mellores de Europa, desgranou os outros tres cimientos da nova estratexia facendo un repaso polas iniciativas impulsadas polo seu Gobierno desde que chegou ao poder. A Estratexia Sergas 2014, dixo, ten ao pacente como centro do sistema. «As patoloxías máis graves se diagnosticarán en menos de 30 días e ningún paciente esperará para realizar unha proba diagnóstica ou terapéutica máis de 15 días ante a sospeita dunha patoloxía de cancro», recordou o presidente da Xunta.
Durante a sua locución, Feijoo reiterou o seu compromiso de xestionar as listas de espera quirúrxicas con criterios basados na gravedade do pacente e que, unha vez logrados esos obxetivos, afrontará-se o gran obxetivo da lexislatura: un novo marco legal que garantice tempos de espera máximos. O terceiro pilar do novo modelo do servizo galego de saude son as infraestructuras, cuxa construcción defendeu onte o presidente pese ao contexto de crise económica. «A sanidade pode ser un motor máis de dinamización económica e desenvolvemento de Galiza», dixo. Sanidade prevé xerar 6.500 empregos ata o 2014, que o 50% das camas
hospitalarias sexan novas e que o outro 50% se reformen. A Xunta prometeu onte abrir 62 novos centros de saude, ademáis dos hospitais xa en marcha. O carto pilar, destinado
ós profesionais, estructura-se na nova política de formación e innovación para o persoal, pendente de desenrolar.

Fuente: La voz de Galicia


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Visita a fraga do Triskel

Páxina web da taberna o Triskel en Ribeira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.