www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Denuncian o intento de privatización do servizo de diálise
 
 Enviada o 14/04/2011 na categoría: Novas
O Servizo Galego de Saúde e os sindicatos coinciden en que a convivencia de traballadores públicos e privados nun mesmo servizo hospitalario resulta complicada. É un escenario que podería producirse no tratamento de diálise no Hospital da Barbanza se finalmente a Consellaría de Sanidade adxudica ese servizo a unha fundación privada.

O persoal dispoñible non abonda para atender a demanda durante os tres días de funcionamento á semana. Cada sesión de diálise chega para atender a doce pacientes de nefroloxía, e aqueles que fican sen tratamento deben desprazarse até o Complexo Hospitalario de Santiago. A secretaria xeral da Federación de Sanidade de Comisións Obreiras, Lola González, sostén que a Xunta xa decidiu completar o servizo de nefroloxía contratando á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo, en cuxo padroado figura o ex ministro de Sanidade do Partido Popular, José Manuel Romay Beccaría, e que traballa noutros centros públicos galegos. En declaracións a Radiofusiòn, o xerente do Hospital da Barbanza, Luís González Taboada, asegurou que “non existe ningunha decisión tomada”.

Os sindicatos piden que o Sergas asigne para o centro comarcal unha enfermeira cada catro pacientes e nefrólogo todo o día, durante seis días á semana, pero a Consellaría estaríase a negar polo custo desa dotación. Aseguran que Fundación “non oferta iso”, porque “non é unha ONG, é unha empresa, e supón menos persoal, peor calidade e un aforro ínfimo”. Achegan como proba de que xa existe acordo unha información da Sociedade de Nefroloxía, datada en decembro de 2010, na que xunto a unha foto da conselleira Pilar Farjas con Romay Beccaría, se dá por feito que a Fundación Renal vaise facer co servizo de diálise na Barbanza e A Mariña.

Fronte a estas denuncias, o xerente do centro barbancés, Luís González asegura malia as publicacións desa institución privada que dan por feito o contrato -que se formalizaría mediante un convenio de colaboración- “trátase de que tome a decisión a Consellaría, independentemente do que eles decidan nos seus estudos de mercado”. González Taboada mantén que a proposta que se está a avaliar “é unha opción como outras opcións”. Máis polo miúdo, afirma que “hai alternativas as que se queiran” para a convivencia entre os traballadores públicos e privados no servizo de diálise, pero concede que xa nalgún caso anterior, ao final ficaron só os empregados da fundación. Lola González comparte esta última análise.

A representante do sindicato inserido na recentemente constituída Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, anunciou en Radiofusiòn que, ante a negativa de Pilar Farjas a recibilos (“Nin con axentes sociais, nin con asociacións que non sexa da corda do PP, só se reúne con quen ela quere,”, asegura), realizará unha campaña informativa entre os pacientes para explicarlles que a Fundación Íñigo Álvarez de Toledo “lles ofertará peor calidade e peor servizo”.



A adxudicación á Fundación realizaríase ademais mediante un convenio, sen que existise previamente un concurso e a posibilidade de presentación de ofertas doutras entidades hipoteticamente interesadas en prestar ese servizo.

Fuente: http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=10133


Entradas relacionadas:
 

Asociación "O Cabo" Corrubedo

Web da Asociación "O Cabo" de Corrubedo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.