www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A LETRA CON MULTA ENTRA
 
 Enviada o 25/03/2011 na categoría: Novas
Despois de ler que os axentes de Tráfico deberán aplicarse, entre outras, nas denuncias «como medida correctora de seguridade viaria», se non queren depreciarse nos salarios polo baixo rendemento, non hai porque dubidar de onde viña motivada aquela multa que me quixeron meter: 200 euros por aparcar nunha rúa, cando por taxa legal roldaba en menos de 100. Tampouco daquela outra, por certo que noutra comunidade, e aínda en menos pecado. Polas dúas vinme obrigado a negalas en recursos. Se ben non paguei ningunha, foi grazas a que sei ler. E de aquí o titular.

Cos outros dá mesma andaina aprendín a ler de neno. Tamén a base de paus. Daquela ninguén estrañaba o método senón que era natural, como ir a misa os domingos e a comulgar pola Pascua soñando coa santidade. Así que aquilo dá letra con sangue entra era do máis natural. Pero aínda onte dixemos que aqueles tempos cambiaron, e non imos repetilo. Só advertir que en tempos máis decisivos, indo en ruta, tales cambios tiveron altos e baixos. Non obstante, en comparanza, os baixos son hoxe tantos, e a tanto, que ninguén distingue xa a liña que marca a ruta ten a marchar para adiante ou apúntase para atrás na súa libre caída ao fondo do precipicio. ¿Que mais dará penso eu?.

Mais penso, porque, dous baixos daqueles tempos de cambios máis radicais, recordo aquela sabedoría dun vello medio fascista (un medio porque vivía de traballar para o réxime, e comunista o outro medio, porque o sangue que o mantiña nunca dou para pouco máis que iso): Xa eu cho dicía, rapaz. Sería moito que non. Dá ditadura de Franco imos á dous avogados. Que mais dará levar ou lombo moído a paus de quen manda porque vive de mandar que levalo gangrenado de traballos por ter que pagar o pacto de quen non quer traballar, porque compre máis mandar que currar para ir tirando, chegando, ao final, ao mesmo, ao «val de Josafat». Pero a liberdade, avó? A liberdade, pola que loitas, é iso: trocar repolos por verzas pensando que son feixóns, cando o que plantas son coles.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/03/25/0003_201103B25C2994.htm?idioma=galego


Entradas relacionadas:
 

Asociación "O Cabo" Corrubedo

Web da Asociación "O Cabo" de Corrubedo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.