www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Noia: a película "Retornos", de Luís Avilés, consegue quince nominacións aos premios Mestre Mateo do cinema galego
 
 Enviada o 16/03/2011 na categoría: Novas
"Retornos" contén esceas rodadas en PonteNafonso

Nada menos que 15 nominacións para a súa ópera prima no mundo da largometraxe. Luís Avilés Baquero, cineasta noiés que levou adiante a dirección de "Retornos", rodada en parte nas inmediacións de Noia, só foi superado por "18 comidas", do cineasta Jorge Coira, con 16 candidaturas aos Mestre Mateo.

"Retornos" é candidata á mellor longametraxe, mellor dirección de producción, mellor dirección de fotografía, mellor maquillaxe e perruquería, mellor deseño de vestiario, mellor dirección artística, mellor montaxe, mellor son, mellor guión, mellor dirección, mellor interpretación masculina protagonista (Xabier Estévez), mellor interpretación feminina protagonista (Manuela Vellés), mellor interpretación masculina de reparto (Xosé Manuel Olveira, "Pico") e mellor intérprete feminina de reparto (María Bouzas)

A continuación, xa con 12 candidaturas aos premios, está a comedia "Crebinsky", de Enrique Otero, cunha ducia de nominacións.

SÁLVORA TAMÁN É PROTAGONISTA


A illa de Sálvora, de Ribeira, tamén vai ser protagonista nos Mestre Mateo deste ano, xa que a película para televisión ambientada en parte alí, "Mar Libre", que dirixiu Dani de la Torre, obtivo dez nominacións.

A gala dos Mestre Mateo é este ano en Ourense, o domingo 17 de abril, no auditorio municipal.

Fuente: http://certo.posterous.com/noia-a-pelicula-retornos-de-luis-aviles-conse


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.