www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O BNG levará ao Parlamento europeo a crise do sector arrastreiro de Ribeira
 
 Enviada o 23/02/2011 na categoría: Novas
A deputada nacionalista no Parlamento europeo Ana Miranda mantivo onte unha reunión de traballo con representantes dos armadores do arrastre de Ribeira, afectados polos recortes do total admisible de capturas (TAC). Tras un cambio de impresións, a deputada comprometeuse á trasladar as inquietudes dos profesionais ribeirenses e tamén da cidadanía debido ao recorte imposto para o lirio, segundo apuntaron algúns dos presentes.

Os afectados, entre os que estaban representantes dos armadores, confraría e compradores, expuxeron aos representantes do BNG a situación na que quedarán debido á caída da cota desta especie en máis dun 90% con respecto ao ano pasado.

Nos próximos días, todos os colectivos afectados tamén escribirán unha carta que a propia Ana Miranda entregará ás autoridades pesqueiras de Bruxelas e na que lle explicarán a situación na que quedará toda a flota do arrastre de Santa Uxía, integrada por trinta unidades e unha tripulación dunhas catrocentas persoas.

Os recortes do lirio, van deixar nunha mala situación a numerosas familias da cidade que viven desta especie. Diversos colectivos mostraron o seu rexeitamento á medida da UE e o sábado celebrarase unha concentración para protestar contra os recortes impostos pola UE.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/02/23/0003_201102B23C12997.htm


Entradas relacionadas:
 

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.