www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O galego Dorado ascende á dirección das mocidades do PP
 
 Enviada o 17/02/2011 na categoría: Novas
O Congreso das "Nuevas Generaciones" organizarase dentro de dous meses. Con todo, a dirección do PP acaba de filtrar o resultado final, tras a marcha de Nacho Uriart

Nacho Uriarte, deputado condenado por conducir borracho, deixará finalmente o cargo. O relevo indicado a varias axencias polo equipo de Mariano Rajoy está formado por unha andaluza, Beatriz Jurado, que será a presidenta, e o galego Javier Dorado, próximo secretario xeral.

Javier Dorado substituíu a María Seoane como líder das mocidades do PP galego este verán. Dorado é estudante universitario e traballa no gabinete da Consellería de Industria, que dirixe o vigués Javier Guerra. Así se presenta nunha videoentrevista colgada polo PP:

Dorado foi líder das Novas Xeracións en Vigo, logo na Provincia e despois gañou o Congreso en Galicia, co apoio do aparato do Partido e integrando aos rivais. Este é un vídeo dunha campaña das mocidades conservadoras nas eleccións á Xunta, no que Dorado chama ao cambio repartindo propaganda e preservativos:



Agora parece que ocupará a secretaría xeral a nivel estatal, mentres que a presidenta será Jurado. Un respaldo ao peso do PP galego e o andaluz na maquinaria da rúa Génova. Velaquí os artigos de Dorado publicados no GC.

Uriarte, un ano como presidente malia ser detido

O mandato de Uriarte finalizou en setembro de 2009. Tres meses despois era sorprendido conducido baixo os efectos de alcol. Como é aforado, foi o Supremo quen o xulgou e condenou hai un mes. É dicir, o PP mantívoo á fronte das mocidades máis dun ano mentres se resolvía o caso coa previsíbel condena de retirada do carné e multa por 2.400 euros. O Congreso celébrase agora con dous anos de atraso sobre o previsto, pero meses antes das eleccións locais.

Cada ano morren no Estado 900 persoas en accidentes causados por condutores ebrios.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7209.html


Entradas relacionadas:
 

Páxina web oficial de Carreira

Páxina web oficial da Parroquia de Carreira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.