![]() |
|||||||||||||||||
Servizos![]() ![]() ![]() |
![]() A organización Facua-Consumidores en Acción trasladou á Consellería de Sanidade, o pasado mes de xaneiro, dezasete denuncias correspondentes á provincia da Coruña. En Galicia, foron un total de 34 as queixas formais rexistradas. Ademais, as 66 formuladas ata a data afectan a 23 establecementos e organismos na provincia coruñesa. Outras 20 computáronse en Lugo, 18 na área de Pontevedra e 5 na de Ourense. Os lugares nos que se cometeron as infraccións na Coruña foron na súa maioría establecementos de hostalería, en dous centros sanitarios, un comercio e a sede dun organismo público. Desde esta asociación sinálase que as denuncias expoñen a falta de mecanismos de información e control para que se cumpra a lei en empresas e organismos públicos. Nunha enquisa realizada por Facua no 2010 plasmouse que o 84% dos usuarios cría que as autoridades non viñan vixiando o cumprimento da lei anterior para evitar que se fumase en lugares nos que non estaba permitido. Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/02/15/0003_201102B15C3992.htm |
Enlace aleatorio
Últimos Proxectos
Publicidade |
|||||||||||||||
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos? | |||||||||||||||||
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es Tódolos dereitos reservados. |