![]() |
|||||||||||||||||
Servizos![]() ![]() ![]() |
![]() Adolfo Muíños expresoulles a vontade de sentarse axiña co equipo redactor e trazar a liña fundamental para o PXOM: "pensar nos que viven e queren vivir en Rianxo, nas familias que apostan por manter a vida das parroquias. Este é para o BNG o eixe sobre o que traballar e desenvolver urbanísticamente o concello, o veciño e veciña como centro da planificación. Despois será atender tamén outras posibilidades como as demandas razonábeis e sustentábeis de segundas residencias, ou vivendas para veraneantes, mais esta non cremos deba ser a prioridade número un", asegurou. Servizo de Urbanismo Adolfo Muíños tamén sinalou a necesidade de impulsar un servizo de urbanismo municipal con medios técnicos suficientes para poñelos ao servizo dos veciños, para dar solucións reais e cun absolutamente transparente, de independencia e que dea estabilidade, lonxe dos fichaxes caprichosos que teñen feito que en cinco anos seis arquitectos a dedo teñan pasado polas oficinas do concello para ser os directores da área. Participación veciñal e transparencia na xestión O candidato do BNG explicou tamén o desexo de favorecer a presenza e participación directa dos veciños nos plenos, ampliando a celebración dun pleno mensual no que poidan intervir para plantexar os temas que eles mesmos queren abordar e interpelar os concelleiros das actuacións a desenvolver. "Isto obriga a manter unha liña de comunicación cos colectivos das parroquias e que estean ao tanto destas convocatorias municipais. Promoveremos unha auténtica reforma das canles de comunicación a comezar desde o portal web do concello nas que estarán dispoñíbeis todos os acordos públicos que se tomen nos plenos e comisións, as convocatorias e as ofertas laborais. Transparencia, pois nada se ten que agochar nin ocultar e menos aos veciños", salientou o candidato á alcaldía polo Bng. Adolfo Muíños pediu a "Leiras de Rianxo" que sigan funcionando despois das municipais como até agora "sendo activos, dinamizadores da participación e críticos sexa quen sexa a forza que goberne, iso rexenera a institución e da vitalidade ao noso concello". Amosou tamén o compromiso de manter este diálogo non só con Leiras, senón co resto das asociacións rianxeiras. Por parte de Leiras, os directivos sinalaron a necesidade de que se pense nas parroquias, nas que existe a sensación de seren "as grandes esquecidas da actuación do executivo". "Como manifestei hai uns días no Araño -respondeu o candidato- a miña vontade é chegar a dotar de medios económicos ao orzamento municipal para que directamente se poidan encamiñar desde os consellos de participación parroquial aquelas actuacións prioritarias". Fuente: http://certo.posterous.com/rianxo-o-bng-reuniuse-coa-asociacion-leiras-d |
Enlace aleatorio
Últimos Proxectos
Publicidade |
|||||||||||||||
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos? | |||||||||||||||||
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es Tódolos dereitos reservados. |