![]() |
|||||||||||||||||
Servizos![]() ![]() ![]() |
![]() O uso vehicular da lingua galega en máis materias, unha das polémicas medidas introducidos durante o bipartito, non prexudicou a competencia lectora nin científica do alumnado galego. De feito, na maioría dos ítems o país está por riba da media das comunidades que teñen unha única lingua. Esta é unha das conclusións do Informe Pisa 2009 que fai a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística A educación en Galicia en termos xerais está á par da OCDE, e mesmo por riba en competencia científica. Respecto á media España, Galicia está por riba da media española nas tres competencias estudadas. A Coordinara fíxase en particular a evolución dos resultados durante o bipartito. Entre 2006 e 2009 os resultados non mudaron moito. Con todo na comprensión lectora rexístrase un incremento de 7 puntos; en matemáticas houbo un descenso de 5 puntos; e en ciencias houbo un ascenso de 1 punto. O galego en Ciencias non trouxo peores resultados En opinión da Coordinadora, "isto significa que a introdución da lingua galega como lingua vehicular no ensino en diferentes materias impulsada polo Decreto 124/2007 non empeceu a adquisición de competencia lectora nin científica do alumnado". Os resultados dos estudantes galegos son superiores á media española nas tres áreas de coñecemento: no referente ás áreas de lectura e matemática, cun lixeiro ascenso, e en ciencias, de xeito máis acusado. Materias que fornecen a adquisición de competencia científica son Coñecemento do Medio de Educación Primaria ou Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, materias que levan impartíndose en galego desde hai xa moitos anos. As autonomías bilingües saben mellor castelán O bilingüismo favorece tamén o dominio e a comprensión lectora en castelán porque, de feito, practicamente todas as comunidades autónomas cun ensino bilingüe teñen unha media na comprensión lectora en español superior á media estata. A coordinadora sinala que "o aumento da presenza do galego como lingua vehicular do ensino axudou a mellorar a comprensión lectora en español e non repercutiu negativamente sobre os resultados en matemáticas, materia que daquela era impartida en galego". A conclusión do informe dos equipos de normalización (ver PDF) é que "estes resultados do InformePisa, o estudo de referencia mundial para medir a calidade dos sistemas educativos,demostran que o fomento do galego non vai en detrimento da competencia en español nin do desenvolvemento científico do alumnado". Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7188.html |
Enlace aleatorio
Últimos Proxectos
Publicidade |
|||||||||||||||
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos? | |||||||||||||||||
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es Tódolos dereitos reservados. |