www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O RETORNO DOS AUDIS NA CÚPULA DO PP
 
 Enviada o 12/02/2011 na categoría: Novas
A cúpula estatal dos conservadores toma Compostela. Feijóo recupera teima na austeridade e na suposta maldade intrínsica dos bipartitos, estratexia xa usada contra Touriño-Quintana.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo hoxe aos candidatos do PP que reduzan ao menos un 30% os gastos dos concellos en asesores e coches oficiais.

Segundo Feijóo, "nun momento como o actual, no que hai que apretar o cinto, non teñen sentido as dobres alcaldías, dobres gobernos, dobres logotipos, publicidade e asesores e gasto en vehículos oficiais". Así o manifestaba no coloquio cos dirixentes populares, no seo da convención do PPdeG no Palacio de Congresos de Santiago, onde analizou os principios sobre os que se debe basear un bo goberno.

Feijóo non fixo referencia algunha ao aumento do paro en Galicia, o maior de todas as autonomías o ano pasado, e volveu a acusar a ZP de mentir e ser o responsábel da crise. A estratexia do PPdeG nos próximos comicios pasa claramente por identificar aos alcaldes socialistas co presidente do Goberno. "Candidato socialista=Zapatero" di unha das súas notas de prensa.

O presidente da Xunta entregou despois carnets de novos afiliados.

"Máximo esforzo" para encher o Palacio de Congresos

Como informou GC, o PP está moi preocupado pola imaxe que ofrecerá na convención de hoxe. De feito, unha nota do PP da Coruña solicitaba abertamente o "maior esforzo" para lograr cubrir o cupo de 600 asistentes que lle encargara a organización.

Sortu igual a ETA

Mañá será o discurso de Mariano Rajoy. Hoxe a súa número dous, Dolores de Cospedal, insistiu en criminalizar o intento da esquerda abertzale de formar un partido que publicamente rexeite a violencia, incluída a de ETA.

Así dixo que "todos os españois temos o convencemento moral de que Batasuna ou a súa marca branca son ETA e, como son ETA, non poden estar nos concellos" para logo prometer "defender" esta idea "por toda España, pobo a pobo e cidade a cidade".

Os conservadores están a realizar un importante investimento en propaganda na rede. Podes seguir as imaxes da convención na súa canle do Flickr.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7173.html


Entradas relacionadas:
 

Busca Costaweb

Ter todos os enlaces de internet da zona. E un proxecto ambicioso e intentamos consegi-lo. Axudanos si non está algunha que vostede coñeza. INFORMANOS.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.