www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Unha homenaxe ao "ribeirismo" nas vindeiras eleccións
 
 Enviada o 11/02/2011 na categoría: Novas
Manuel Ruiz-Rivas imponse a José Luis Torres Colomer como candidato do PPdeG no concello de Ribeira.


"Podemos facerlle unha gran homenaxe a este símbolo do ribeirismo que é José Luis Torres Colomer cun triunfo histórico nas vindeiras eleccións municipais". Deste xeito rematou hoxe a súa intervención o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, durante o traspaso de poderes no PP de Ribeira. E é que el, presisamente, será o vindeiro candidato popular neste concello.

Finalmente, e tras cinco lexislaturas seguidas no poder, Torres Colomer deixará a alcaldía de Ribeira por "motivos persoais". Unha decisión que conta co visto e prace da dirección provincial e autonómica do PPdeG, a pesar da liorta interna que mantiveron hai uns meses Ruiz Rivas e Torres Colomer pola candidatura popular de Ribeira. Precisamente, o segundo contaba co apoio de importantes dirixentes do partido para a súa continuidade como o ex ministro Romay Beccaría.

Cambios no Parlamento

Ruíz Rivas conservará, polo momento, a súa acta de deputado que tamén compaxinará co seu cargo de voceiro parlamentario. Con todo, e segundo as fontes consultadas, esta situación pode variar nas vindeiras semanas.

O xa candidato popular en Ribeira destacou o papel do alcalde e suliñou como un gran mérito que teña conseguido cinco maiorías absolutas. Por iso, sinalou que ten por diante unha "gran responsabilidade" con seu pobo ao que non lle pode "fallar".

"Desde que estou en política toda a miña formación foi adicada á planificación local, a cursos e master para a xente máis desfavorecida e precisamente eses serán os eixos no concello", dixo Ruiz Rivas que animou aos que votaron a Torres Colomer e aos que non o fixeron que tamén o voten a el. "É a mellor homenaxe a este simbolo do ribeirismo que é José Luis Torres Colomer".

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7162.html


Entradas relacionadas:
 

Páginas Amarillas

Buscador Paginas Amarillas
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.