www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



CINE Médicos australianos alertan sobre o risco de desmaio por ver «127 horas»
 
 Enviada o 10/02/2011 na categoría: Novas
A película narra a historia real dun alpinista que se arrincou un brazo para escapar dunha roca baixo a que quedou atrapado durante cinco días no Gran Canón.


Os médicos australianos advirten aos cidadáns que a película «127 horas» non é apta para algunhas persoas polo realismo dunha mutilación nunha escena, informou hoxe a prensa local.

O hospital St. Vincent de Sídney atendeu no que vai de semana a tres pacientes que sufriron desmaios, vómitos e ata un ataque epiléptico dentro do cine.

«127 horas» narra a historia real do alpinista estadounidense Aron Ralson, que se arrincou un brazo para escapar dunha roca baixo a que quedou atrapado durante máis de cinco días no Gran Canón.

O xefe da unidade de urxencias do centro médico australiano, Gordian Fulde, asegurou ao xornal «Daily Telegraph» que unha escea tan dura como esa pode provocar baixadas de tensión e outros problemas de saúde.

«Un pode empezar a perder osíxeno e sangue no cerebro, e o seguinte paso é o ataque a todo o sistema nervioso», dixo Fulde despois de que unha persoa perdese a consciencia durante 5 horas tras visionar o filme.

O director británico Danny Boyle xa se viu obrigado a pedir desculpas ao público cando seis espectadores se desvaneceron en plena película en Canadá e Estados Unidos.

«127 horas» aspira a seis Óscar, entre eles o de Mellor Actor para o seu protagonista, James Franco.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2011/02/10/00031297321471900894911.htm


Entradas relacionadas:
 

Petroglifos Barbanza.

Petroglifos cruciformes da Barbanza e outros temas. Estupendo traballo de Domingo Regueira Gonzalez.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.