www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A GALIZA ESCINTILANTE FRONTE A GALIZA REAL
 
 Enviada o 09/02/2011 na categoría: Novas
Xunta, concellos, deputacións e mesmo a Federación de Montañismo deixan crecer as silveiras e os toxos en vías senlleiras de Galicia. 19 roteiros publicitados por Turgalicia están impracticables.

"A Galicia máxica", "a ruta da fraga" ou a "ruta do muiño" son nomes tremendamente suxerentes para calquera camiñante. Pero cando chegas a eles non hai máis que un monte de silveiras. E é que non son poucos os camiñantes que teñen que dar volta cando queren coñecer esa Galicia que venden escintilante nos folletos e nas páxinas webs das administracións galegas, como é o caso de Turgalicia.

Se isto acontecera en Euskadi ou en Navarra, habería iniciativas nos plenos municipais e mesmo no Parlamento. Pero isto e Galicia e aquí nin hai cultura do sendeiro nin da mochila...só a dos que van a Santiago.

O clube excursionista Acivro denuncia o "lamentable" estado de moitas destas vías, sobre todo as relacionadas coa natureza. Actualmente, a súa situación é "preocupante" polo abandono e o "nulo interese" por parte das institucións. Un abandono no que caen concellos, deputacións e Xunta que venden nas súas guías para turistas o fermoso paraíso da Galicia salvaxe e propoñen roteiros para coñecelo que logo resultan ser auténticos fiascos.

E que fai a Federación de Montañismo?

E deste abandono tampouco se salva a Federación Galega de Montañismo, o organismo oficial encargado da supervisión e homologación dos roteiros segundo a normativa internacional. Un exemplo da súa deixadez atopase no Concello de Baleira, no que se atopa a ruta da Fraga da Marronda, un exemplo excepcional de monte autóctono galego e que foi proposto para a súa inclusión na Rede Natura 2000.

Este roteiro, de 66 quilómetros, foi homologado por esta federación como sendeiro de gran recorrido (GR) pero, na actualidade, está completamente abandonada e nun estado moi deficiente por falta de sinalización e de mantemento.

O abandono dos Ancares e o Courel

Nin tampouco se salvan os grandes espacios naturais por excelencia de Galicia; os Ancares e o Courel. No primeiro, o único roteiro en perfecto estado é o de Quintá-Río Donsal, pero grazas a acción particular da Asociación Castaño y Nogal. Os grandes roteiros de Tres Bispos e Mostallar (os principais picos dos Ancares) atopanse en deficiente estado. No caso do Courel, é a Asociación Santo Grial, impulsora da ruta do Lor, quen se ocupa de manter algunhas vías adecentadas.

Na actualidade, 53 roteiros perfectamente publicitadas polas administracións están prácticamente impracticables. Como exemplo está a PRG-6-Ruta da Batalla de Brión-falta de mantemento, PRG-11-Ruta Río Tambre-Devesa do Nimo-falta de mantemento, PRG-20-Circular de Cuntis-Falta de mantemento-PRG 30-Sendeiro da Picaraña-falta de mantemento, PRG 34-A Terrachá-Queguas-falta de mantemento, PRG-38-Costa da Morte-falta de mantemento-PRG47-Sendeiro de San Sadurniño-falta de mantemento, PRG 74-Rota Valdopereiro-O Campo-falta de mantemento-PRG-77-Senda de Boborás-falta de mantemento-PRG 78-Senda de Pena Corneira-falta de mantemento-PRG 79-Senda do Arenteiro-falta de mantemento-PRG-83-Rota do vento-falta de mantemento-PRG-85-Rota da Fraga de Vilapena-falta de mantemento, PRG-87-Sendeiro pola costa norte de Oleiros-falta de mantemento-PRG 97-Roteiro mariñán do rio Gobia-falta de mantemento-PRG 96 Ruta da Costa Doce-falta de mantemento.

E Turgalicia, ausente

Pero o caso máis chamativo é o de Turgalicia, entidade encargada de fomentar e promover todo o relativo ao turismo en Galicia. Na súa páxina web aparecen todos os roteiros homologados pola Federación Galega de Montañismo pero 19 deles atopanse completamente abandonados. Asemade, 50 roteiros anunciados por Turgalicia como novas vías non teñen ningún tipo de datos ou información sobre elas.

Por iso, Acivro entende que a Xunta debe "subsanar inmediatamente" esta situación "irregular" e anunciar na páxina web de Turgalicia só os roteiros que estean practicables mentres non se limpan os outros. Un chamamento que fai extensible a concellos e deputacións.

Este é a listaxe de roteiros difundidos pola Xunta e que se atopan impracticables:

LUGO

* PRG 83-Rota do Vento
* PRG 85-Rota da Fraga de Vilapena

A CORUÑA

* PRG 87-Sendeiro Costa Norte de Oleiros
* PRG 96-Ruta da Costa Doce
* PRG 97-Ruta do Río Gobia
* PRG 89-Sendeiro Santaia-Cabaleiros
* PRG 88-Sendeiro Bardás-Castenda

PONTEVEDRA

* PRG 69-Sendeiro Frei Martín Sarmiento
* PRG 29-Sendeiro San Xurxo
* PRG 20-Circular de Cuntis
* PRG 21-Cuntis-Valga
* PRG 26-O Santo Aparecido-Xunqueiras
* PRG 30-Sendeiro da Picaraña
* PRG 5-Eifonso
* PRG 9-Alba-Outeiro

OURENSE

* PRG 34-A Terrachá-Queguas
* PRG 76-Senda do Río Avia
* PRG 77-Senda de Boborás
* PRG 78-Senda de Pena Corneira

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7138.html


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.