www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Os museos da zona recibiron 17.000 visitas máis no 2010
 
 Enviada o 02/02/2011 na categoría: Novas
A pesar das cifras, non todos os recintos obtiveron resultados positivos


Non se sabe se sería o cacareado efecto chamada do Xacobeo, pero o certo é que, para o conxunto das instalacións museísticas da comarca, o 2010 foi un bo ano. Non en balde, a cifra de visitas aos recintos incrementouse en máis de 17.000 con respecto ao 2009, un número que supón un aumento do 25% na afluencia de público ás salas barbancesas. Aínda así, os resultados son irregulares, xa que, mentres museos como o das laudas gremiais de Santa María A Nova experimentaron un crecemento espectacular, noutros, como o Valle-Inclán o descenso no número de visitantes foi acentuado.

Explicaba o director do recinto pobrense, Antonio González, que hai varios factores que explican os desiguais resultados rexistrados o ano pasado, entre eles, un recorte de persoal que obrigou a reducir os horarios. Con todo, o manco foi importante ao rexistrarse un descenso do 40% na cifra de visitas, é dicir, que pasaron polas instalacións unhas 2.500 persoas menos. Aínda que menos acentuada, tamén o Centro de Interpretación Arqueolóxica do Barbanza, en Neixón, experimentou unha caída, neste caso, en case 600 visitas.

En canto aos demais recintos, ou ben se mantiveron en algarismos similares aos do exercicio precedente ou ben incrementaron lixeiramente as visitas.

ESTACIONALIDADE

A pesar de que, en xeral, os resultados do 2010 foron bos, hai algúns hándicaps que os museos da zona non logran sacudirse. O principal é a estacionalidade, un asunto no que inciden os responsables de todos os recintos. De feito, salvo excepcións, é agosto o mes no que se rexistran máis visitas.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/02/02/0003_201102B2C3991.htm


Entradas relacionadas:
 

Páginas Amarillas

Buscador Paginas Amarillas
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.