www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Temor e prudencia entre a clase política galega
 
 Enviada o 01/02/2011 na categoría: Novas
A operación ‘orquesta’ puxo á defensiva aos políticos galegos. Os populares ven intereses electorais detrás desta operación, que os socialistas negan. As investigacións comezaron por un asunto de drogas.


“Nunca pensei que pasara algo así. Ver a policía no concello e levar ao alcalde como o levaron, como un delincuente. Nin que isto fora Marbella”. Son as palabras dun dirixente popular indignado coas detencións deste luns na Costa da Morte.

Non será Marbella, pero o titular do Xulgado número 2 de Corcubión, André Lago Louro, ten claro que algo se cocía en Fisterra, Cee e Mazaricos para ordenar a detención dos seus tres alcaldes.

Polo momento, o xuíz imputalles presunta comisión de delitos contra a Administración pública, entre eles, tráfico de influencia, cohecho, falsificación documental e prevaricación.

O operativo caíu coma un xarro de auga fría entre a clase poíticia da comarca e tamén entre os dirixentes dos dous principais partidos.

Dúbidas

Oficialmente, no PP animan a que se continúe a investigación pero determinados dirixentes xa comezaron a sementar certas dúbidas sobre o operativo e o momento elixido para levalo a cabo. “Polo menos é curioso que isto se faga cando estamos ás portas dunhas eleccións municipais. Aquí algo non casa”, apunta un dirixente popular.

Da mesma opinión é un político local que directamente apunta ao PSOE como posible instigador. “É ben curioso que veñan á Costa da Morte e a Cee, de onde é o ministro de Xustiza”.

Sen embargo, outros dirixentes do PsdeG consultados negan calquera motivación electoral ou política e, menos, a implicación de Francisco Caamaño. “Se chamou á lider do PsdeG de Cee para ver que pasaba porque se enterou polos teletipos e estaba máis sorprendido que calquera de nós”, indica.

“O que non se pode agora é sementar as dúbidas. A verdade é que isto nos afecta a todos e non se trata de nada político”, insiste.

Temor

Tanto socialistas coma populares amosan o seu temor a que esta operación se extenda a outros concellos da contorna e afecte a máis cargos políticos.

De feito, tamén Muxía, Camariñas ou Vimianzo estiveron e están no punto de mira dos investigadores.

Narcotráfico

Segundo fontes próximas a investigación, o operativo leva xa máis dun ano preparandose e partiu dunha suposto caso relacionado co narcotráfico e no que estaría implicado un coñecido empresario do mundo do espectáculo. “De aí o nome de operación Orquesta”, din outras fontes consultadas. “Foron tirando da manta. Alguén falou e pasou o que pasou”.

Esta persoa, que xa estivo imputada por asuntos de narcotráfico actuaría, presuntamente, como intermediario entre a empresa D. Ogando e certos políticos locais para a concesión de determinados contratos a cambio de favores económicos e de outra índole. Velaquí un resumo das adxudicacións que logrou D. Ogando nos últimos anos de concellos e da Xunta.

“Eu xa escoitara a algunha xente dicir que o alcalde ía acabar preso. Pero son cousas que escoitas e non lle prestas moita antención. E resulta que agora está medio concello preso”, asegura.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7085.html


Entradas relacionadas:
 

Festa Vikinga de Catoira

Páxina web da Festa Vikinga en Catoira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.