www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Feijóo e Pachi calan sobre se é posíbel salvar NCG
 
 Enviada o 29/01/2011 na categoría: Novas
Tres días despois da bomba financeira soltada polo Estado, o BNG é o único que insiste en chamar a facer "fronte común".

Pasaron tres días dende que o Estado anunciou que nacionalizaría as caixas que non cumprisen uns novos convenios de solvencia. En todo este tempo o presidente da Xunta non adiantou se o Goberno Galego tentará que Novacaixagalicia (NCG) aumente o seu capital para salvar a bancarización ou se se resigna a que sexa absorbida por un banco. Iso suporía a fin da obra social e do seu carácter semipúblico.

Alberto Núñez Feijóo enfrontábase hoxe á rolda de prensa semanal tras o Consello, adiada por mor da folga do xoves. Con todo, nesta cita tampouco foi quen de dar unha resposta clara.

O líder conservador non realizou ningún chamamento a manter a galeguidade de NCG. Feijóo é "cauto" e agarda lograr un pacto co resto de forzas políticas, sindicatos e patronal para atopar a solución "menos mala".

E cal é a solución "menos mala"? Feijóo segue sen aclarar se a solución óptima, unha entidade "solvente e galega", é aínda posíbel. Iso si, criticou os "bandazos" do Goberno ZP, pois argumenta que NCG "era solvente hai 15 días".

O PSdeG tampouco se aclara

O líder do PSdeG xa criticou a falta de liderado de Feijóo. "No lugar que andar pedindo polos concellos, que tome a iniciativa" demandou Pachi Vázquez. Con todo, o socialista tampouco aclara cal é a súa aposta, tentar reunir o capital en Galicia ou buscar un bo socio para a privatización. Como un retrouso, o PSdeG insiste en que "o verdadeiramente importante" é unha solución que achegue o crédito as familias e PEMEs.

O certó é que o anuncio das novas normas do Banco de España mete a NCG nun gran compromiso. Se realmente aspira a cumprir cos requirimentos do core capital vai ter que, ademais de buscar os cartos, dar aínda menos créditos nos próximos meses. Se NCG pecha máis a billa dos préstamos, a economía galega pode sufrir unha caída enorme, pois hai que ter en conta que o orzamento da Xunta, o gran motor da economía, cae este ano un 20%.

O pacto ZP-Rajoy

O único grupo parlamentario que ten unha postura definida dende o principio é o BNG. O deputado Fernando Blanco e o voceiro Guillerme Vázquez volveron a chamar a parar o "segundo asalto" contra o sistema financeiro do país.

"Como a gran banca non logrou conseguir os seus obxectivos, agora o Goberno, dando resposta aos desexos desa gran banca, cambia as normas", espetou hoxe Guillerme en rolda de prensa en Santiago.

O BNG xa advertira que a fusión de Caixanova e Caixa Galicia formaba parte unicamente da primeira parte do plan pactado polo PSOE e o PP a nivel estatal. Segundo a súa versión, ZP e Rajoy pactaron no verán a fin das caixas para ofrecerllas á banca.

Este pode ser o motivo das dúbidas de Feijóo, ou apostar por tentar salvar a galeguidade de NCG, desafiando a Rajoy; ou favorecer a busca dun bo socio fóra do país.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7060.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Asociación "O Cabo" Corrubedo

Web da Asociación "O Cabo" de Corrubedo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.