www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Feijóo non estará no Foro de Cohesión da UE
 
 Enviada o 29/01/2011 na categoría: Novas
O presidente galego decidiu visitar Bruxelas cinco dias antes da celebración do cumio que decidirá os fondos de cohesión da UE. Fontes da Xunta informan que a esta xuntanza acudirá a conselleira de Facenda.


Nesta reunión estarán os presidentes de Bretaña ou o Primeiro Ministro de Gales e non só irán para escoitar senón que van ser dos principais oradores. Na súa axenda está falar de posible axudas para estas zonas en petit comité co Presidente Barroso, o Comisario Hahn, o Comisario Andor e varios ministros nacionais. Eses si que saben liderar o grupo de rexions de transicion.

Será o vindeiro luns en Bruxelas. Alí citaranse os principais mandatarios nacionais , europeos e rexionais no Foro da Cohesion, un cumio de alto nivel onde o Presidente si poderia ter eses contactos con todo o mundo que conta nesta discusion e alí non estará o presidente galego. Desde a Xunta confirmannos que Feijóo estará representado pola conselleira de Facenda que acudirá a Bruxelas dous días e que intervirá o martes no cumio.

Antes de que o Goberno galego nos confirmara a presencia dun membro do executivo o blog colaborador de GC, parte de Bruxelas. criticaba a ausencia do presidente galego. "É a ausencia do Presidente de Galicia nesa reunion de alto nivel o que amosa o pouco peso que temos nestas discusions. Resulta triste constatar que ata o alcalde de Vitoria vai ter na reunion un papel que Galicia non soubo ter".

"Sen expectativas"

Este colaborador volve insistir en que as viaxes do presidente galego á capital da UE "non cumpren as expectativas". "Certamente non como para xustificar os anuncios triunfalistas de que “Galicia se volve a escoitar en Europa” proclamado polos fontaneiros da Xunta e repetido sen moito convencemento polos nosos medios", apunta.

Así, destaca que, nos dous días que Feijóo estivo en Bruxelas, ter unha reunion e unha rolda de prensa, é un "parco balanzo para un Goberno que proclama liderar un grupo chamado CROWC (que mais que de rexions parece o nome dun grupo heavy) de rexions que aspiran a recibir fondos transitorios da UE".

Viaxe rutinario

Feijóo reuniuse co Comisario Hahn e deu unha rolda de prensa coa Presidenta do Comite das Rexions. "Mais estas duas son citas obrigadas para alguen da sua categoria, de feito podemos afirmar que o Presidente da Xunta e o practicamente o ultimo mandatario en Europa que ainda non se reunira co Comisario de Politica Rexional (o que ten os cartos, pra entendernos). Calquera que consulte a axenda do Comisario nos ultimos doce meses pode verificalo", sinala.

Por iso, insiste en que a visita "sabe a ben pouco", sobre todo porque no mesmo sitio e lugar onde estaba Feijoo, pasaron o Comisario de Pesca Maria Danamaki e o Comisario de Agricultura Ciolos. "Resulta unha ben pobre medida da pobre organizacion do seu equipo que nin puideron arranxar que se sacaran unha foto polos pasillos".

E iso que a man dereita de Ciolos volta a ser o galego Cuqui Silva e que o martes mesmo a Comision pechou o prazo de alegacions a reforma da PAC. "Nada diso tratou o presidente en Bruxelas. De aproveitar que viña Feijoo para ter reunions con estes Comisarios xa nin o mencionamos porque sabemos que o persoal que ten non esta a altura para arranxar tal cousa".

Nada de contactos

Parte de Bruxelas tamén critica que Feijóo, questivo "literalmente a vinte metros da reunion da Comisión de Asuntos Rexionais, presidida pola ex-Comisaria Danuta Hubner, e hoxendia unha das persoas mais importantes nesta discusion, e potencialmente un dos principais valedores potenciais da causa galega, nin se fixera por ter unha reunion con Hubner. Xa non falemos de organizar unha mesa redonda con ela e os eurodeputados galegos, unha vez mais ausentes neste tema. Sobre todo porque ela e unha persoa que fai por reunirse con todo o mundo e que para mais inri fala español perfectamente, por aquilo das limitacions idiomaticas do noso mandatario".

O resumo, para este colaborador é "demasiado pouco , demasiado tarde". "Que lle monten un programa a altura de Galicia a proxima vez".

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7061.html


Entradas relacionadas:
 

Páxinas Locais

Buscador Teléfonico para a nosa comarca.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.