www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



MILES DE PERSOAS NAS PROTESTAS DE VIGO E SANTIAGO
 
 Enviada o 27/01/2011 na categoría: Novas
ACTUALIZACIÓN DAS 15:00: Seguimento case ínfimo nas administracións segundo a Delegación do Goberno, a Xunta e os concellos de Santiago e Vigo e importante asistencia ás manifestacións dos mediodías con acusacións de “traidores” a UXT e Comisións polo acordo asinado de madrugada en Madrid. Crónica e fotos da manifestación de Santiago e vídeos dos piquetes en Vigo no interior.

A folga segue a transcorrer con normalidade en Galicia e segundo a CIG cun seguimento similar pero inferior ao do último paro xeral. Na manifestación en Santiago houbo case tanta xente como na anterior folga xeral. Todavía non se coñecen datos de asistencia á principal protesta, en Vigo, pero participantes indicaron a GC que foi masiva. Nela participa o líder do BNG, Guillerme Vázquez, e o da CIG, Suso Seixo, que cualificou de "desgracia" o preacordo anunciado por Comisións e UXT esta madrugada co Goberno.

O PP busca pescar en río revolto

A nivel político, o PP dixo que comparte parte das críticas da CIG ao Executivo ZP. Con todo, os conservadores aseguran que o seguimento da folga é mínimo. A Delegación do Goberno indica que os funcionarios do Estado seguiron o paro só nun 2,9%. A Xunta, en mans do PP, cifra o paro no 4% nas súas oficinas e o Concello de Vigo, que goberna o PSOE, apunta a un paro de só o 6,1% dos funcionarios.

A concelleira de seguridade de Santiago, tamén sociailista indica que o seguimento “moi moderado” na capital de Galiza. Santiago sufriu diferentes incidentes. Houbo contenedores queimados en Sar, Castrón Douro e Poza de Bar. O máis grave foi o corte da entrada centro a Santiago dende a AP-9, corte con neumáticos ardendo que só se prolongou unha hora. Folguistas tamén cruzaron coches en diversas rúas.

Crónica da manifestación en Santiago

Unhas “3.000 ou 4.000 persoas”, segundo a organización, manifestáronse este mediodía na xornada de folga en Santiago. “Non, non, non, ao roubo das pensións!” e “Comisións, UXT, lacaios do PP1” foron dos dous berros mais coreados.

Boa proba do malestar cos sindicatos estatal, que o sindicato comarcal da CIG cualificou abertamente de “traidores” no discurso final nunha ateigada Praza de Praterías. Anxo Noceda tamén agradeceu o apoio dos anarquistas da CNT e dos nacionalistas da CUT, que tamén participaron na protesta.

Na manifestación, sen incidentes salientábeis, tamén se viron distintivos do BNG, Nos UP, SLG e FPG; entre outros. É difícil calcular o número de asistentes, pois non todos atoparon sitio na Praza de Paterías e moitos seguiron os discursos dende a Rúa do Vilar.

O seguimento da folga en Santiago está a ser menor que no anterior paro xeral. En todo caso, a incidencia da folga é bastante significativa. Ao paso da manifestación a práctica totalidade dos comercios estaban pechados. Tamén é certo que unha parte deles tiña luz dentro, proba de que só pechaban ao paso da protesta.

Rematada a protesta na zona vella co himno galego, a organización animou aos manifestantes a dirixirse ao Centro Comercial Area Central para informar aos “esquirois”.

ACTUALIZACIÓN 11:45 Significativo paro nas industrias, poucos incidentes, unha ducia de detidos e principio de acordo para subir a idade de xubilación aos 67 anos. Estes son os titulares polo de agora da xornada de paro no país. Vídeos no interior.As portadas dos xornais galegos en papel, salvo Galicia Hoxe, restanlle protagonismo ao paro. Nas edicións dixitais, enfocan a folga polos pequenos incidentes que se están a producir.

A CIG destaca o paro nas industrias

Sobre o nivel do éxito da mobilización as versións son, loxicamente, contraditorias. Mentres os medios apuntan a un escaso impacto a CIG insiste no "seguimento previsto" malia forte "presión" da Policia aos piquetes.

Segundo a súa versión está parada a recollida de lixo e a limpeza viaria nas cidades de Vigo, Ferrol e Narón, así como a actividade nas obras de Punta Langosteira da Coruña, a maior obra pública da comarca. Así mesmo, o paro recibiu "un importante seguimento na quenda de noite en Zara Loxística (Polígono de Sabón) e conta cun seguimento destacábel na factoría de Alcoa San Cibrao, na Mariña".

O paro tamén é maioritario no sector naval de Vigo, o máis reividicativo nos últimos anos en Galiza. Polo contrario, Citroen traballa con normalidade tanto esto mañá como na quenda de noite.

A CIG apunta que en Vigo, o mercado de distribución de froita pechou as súas portas despois dunha asemblea de traballadores/as e o porto pesqueiro do Berbés reduciu a súa actividade.Velaquí un vídeo dos piquetes na capital olívica:

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7050.html


Entradas relacionadas:
 

BUSCADOR de festas de Galicia

Magnifico buscador de todas as festas galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.