www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Feijóo cre que incorporar o galego ao Senado escapa da lóxica
 
 Enviada o 24/01/2011 na categoría: Novas
O presidente da Academia ve unha actitude "anti-pluralista" nas críticas conservadoras á incorporación do galego e doutras linguas oficiais á Cámara de representación territorial do Estado.


Feijóo presentouse na conferencia do PP estatal en Sevilla como exemplo de política económica austera. O presidente do PPdeG destacou que o Goberno de España ten en moitas Comunidades Autónomas "un exemplo de cómo se deben levar as contas públicas con responsabilidade", pero, sen embargo," ningunha Comunidade Autónoma ten ese exemplo no Goberno de España".

Na súa opinión, o Goberno central pode mirar para A Rioxa, Madrid e Galicia, que "lograron unhas contas equilibradas e cumpriron coa Lei de Estabilidade Orzamentaria como non fixo o propio Executivo, que o multiplicou por dez". Non sinalou a Madrid ou Valencia, autonomías gobernadas dende hai varias lexislaturas polo seu partido e que son líderes no déficit público.

Segundo o líder do PPdeG, "por encima de ideoloxías, patriotismos, nacionalismos, de aprecio a unha lingua ou outra ou de intereses partidistas, debería estar sempre a lóxica e a racionalidade e, por desgraza, moitas veces os políticos foxen dela, como sucedeu recentemente no Senado".

A Academia rebate as críticas do suposto malgasto

Para o presidente da Real Academia Galega esta argumetación é propia de "actitudes de militancia política anti-pluralista". Nunha xuntanza da RAG este sábado, Xosé Luís Méndez Ferrín considra que castelán e galego son "linguas moi próximas" e polo tanto é "raro que alguén normal non entenda o galego".

Esta cámara comezou a utilizar as linguas autonómicas. Para o PP trátase de algo inecesario, un malgasto en tempos de crise. O Senado recortou doutras partidas para poder sufragar o custe, 12.000 euros por pleno, de utilizar o galego e o resto de linguas oficiais en moitas autonomías.

E iste presidente fala por boca de todos,
país

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7005.html


Entradas relacionadas:
 

Busca Costaweb

Ter todos os enlaces de internet da zona. E un proxecto ambicioso e intentamos consegi-lo. Axudanos si non está algunha que vostede coñeza. INFORMANOS.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.