www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



"No nos avergonzamos de dedicarnos a la política"
 
 Enviada o 24/01/2011 na categoría: Novas
Feijóo iniciou unha xira por España para apoiar aos candidatos populares as eleccións autonómicas. Un dos seus principais argumentos é o crédito na política.


"El crédito de un país pasa por el crédito en la política. Para recuperar el crédito de un país hay que recuperar el crédito de la política", sinalou Núñez Feijóo nun mitin en Cantabria para apoiar ao líder rexional deste partido, Ignacio Diego.

Non é o primeiro mitin, nin será o último do líder do PPdeG. Feijóo, que xa estivo tamén apoiando a Alicia sánchez Camacho en Cataluña, viaxará por varias autonomías máis para apoiar aos candidatos rexionais do PP.

FUTURO EN MADRID?

O líder popular galego está asumindo un importante protagonismo dentro do Partido Popular e é xa, xunto con Esperanza Aguirre, un dos presidentes autonómicos de maior peso na dirección do partido. De feito, en Génova, dan por feito que Rajoy lle vai a ofrecer unha vicepresidencia se chega á Moncloa. E se non chega hai quen xa pensa nel como recambio ao actual líder popular.

Este domingo, no cumio dos populares en Sevilla, Feijóo foi, precisamente, un dos líderes máis aclamados polos militantes. E Rajoy non dubida en poñer como exemplo á Xunta de Feijóo para amosarlle aos españois como pode ser o seu goberno.

CONTRA O BIPARTITO

En Cantabria, Núñez Feijóo quixo deixar claro que os políticos son os únicos capaces de sacar a España da crise, pero para iso hai que "recuperar la confianza" neles. "Lo contrario de la política y de escuchar a los ciudadanos es ignorar lo que estos nos dicen en las urnas y es ahí donde empezamos a perder el crédito los políticos", sinalou para aludir, de seguido, ao fracaso do bipartito en Galicia ou do tripartito en Cataluña.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7013.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Petroglifos Barbanza.

Petroglifos cruciformes da Barbanza e outros temas. Estupendo traballo de Domingo Regueira Gonzalez.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.